Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2018 Páx. 3320

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2355/2017-CON).

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 1096/2016 Xulgado do Social número 2 de Vigo

Recorrentes: Mutua La Fraternidad Muprespa, Mutua Colaboradora con la Seguridad Social número 275

Avogado: Juan Carlos Vázquez García

Procuradora: Concepción Pérez García

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Canteras Hermanos Cortiñas, S.L., mutua MC Mutual, José Pérez Fernández, Robulus, S.L.

Avogados: letrado da Seguridade Social, letrado da Tesouraría da Seguridade Social, (…), José Luis Feijoo Borrego, Rosa María Tarrago Nesta, (…)

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2355/2017-CON desta sala, seguido por instancia da mutua La Fraternidad Muprespa, mutua colaboradora coa Seguridade Social número 275 contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Canteras Hermanos Cortiñas, S.L., mutua MC Mutual, José Pérez Fernández, Robulus, S.L., sobre accidente, se ditou a seguinte resolución:

1º. Desestimamos o recurso de suplicación interposto pola Mutua La Fraternidad Muprespa fronte á sentenza do 23 de marzo de 2017 do Xulgado do Social número 2 de Vigo, ditada nos autos número 1096/2016, seguidos fronte ao INSS, a TXSS, mutua MC Mutual, as empresas Robulus, S.L. e Canteras Hermanos Cortiñas, S.L. e José Pérez Fernández.

2º. Todo iso condenando en custas a recorrente. Tales custas comprenderán os honorarios do avogado ou do graduado social colexiado da parte contraria que actuase no recurso en defensa ou en representación técnica da parte no importe de 601 euros.

3º. Ademais, condénase á perda do depósito constituído para recorrer, unha vez que esta sentenza sexa firme.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Canteras Hermanos Cortiñas, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza