Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Martes, 16 de xaneiro de 2018 Páx. 3375

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 10 de xaneiro de 2018, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 280/2017, interposto polo Concello de Sandiás.

Nesta xefatura territorial recibiuse escrito do Xulgado Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense, en relación co recurso contencioso-administrativo P.O. 280/2017 interposto polo Concello de Sandiás (Ourense) contra a resolución do Xurado Provincial de Montes en Mán Común de Ourense do 19 de setembro de 2017, sobre clasificación do monte denominado Vales, Regueiriño, Patomela, Barronca, O Tesiño, Campo da Escola e Campo de Santa Ana, na parroquia de Sandiás, no concello de Sandiás.

En consecuencia, esta xefatura territorial acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento ás cales empraza para que poidan comparecer como parte nos autos seguidos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 10 de xaneiro de 2018

Yago Borrajo Sánchez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes
Veciñais en Man Común de Ourense