Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 15 de xaneiro de 2018 Páx. 2700

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (275/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 275/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sabela Giadanes Millán contra SS Fernández Concesionario, S.L., se ditaron as seguintes resolucións, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Auto:

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2017.

Parte dispositiva:

Dispoño despachar orde xeral de execución da Sentenza nº 399/2017, do 18 de setembro de 2017, ditada no procedemento ordinario 256/2015 a favor da parte executante, Sabela Giadanes Millán, contra SS Fernández Concesionario, S.L. e Fogasa, parte executada, por importe de 16.707,54 euros (13.986,51 euros en concepto de salarios, vacacións e indemnización; 2.320,07 en concepto de xuros do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores sobre os conceptos salariais que comportan 9.047,28 euros; 400,96 euros en concepto de xuros do artigo 1108 do Código civil sobre a indemnización que comporta 4.939,23 euros), máis outros 1.670,75 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición, ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/A xuíz/a. O/A letrado/a da Administración de xustiza.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2017.

Parte dispositiva:

Acordo, en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previamente á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada, SS Fernández Concesionario, S.L., dar audiencia previa á parte demandante, Sabela Giadanes Millán, e ao Fondo de Garantía Salarial, polo prazo de quince días, para que poidan sinalar a existencia de novos bens. Do seu resultado acordarase o procedente.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela ao xuízo do recorrente (artigo 188 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS).

A letrada da Administración de xustiza.

Para que sirva de notificación en legal forma a SS Fernández Concesionario, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza