Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 15 de xaneiro de 2018 Páx. 2710

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello da Cañiza (expediente IN407A 2017/716-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMT cambio sección FRI808 e CT A Igrexa.

Situación: A Cañiza.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor LA-56 en tres actuacións:

1. 454 metros; orixe: apoio metálico existente (AME) nº 0 na saída FRI808; final: apoio metálico proxectado (AMP) nº 4.

2. 535 metros; orixe: AMP nº 5; final: AME nº 9.

3. 13 metros con condutor LA-30, desde o AMP nº 6 ata o AME 89-5-1 na saída FRI808.

LMT subterránea a 20 kV, con condutor RHZ, de 486 metros de lonxitude, con orixe no paso aéreo subterráneo (PAS) proxectado no AMP nº 4 e final no PAS proxectado no AMP nº 5, unha vez entre e saia do centro de transformación proxectado. Centro de transformación a 160 kVA, con RT 20 kV/400 V, situado na Igrexa, Oroso, A Cañiza.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial, avenida Fernández Ladreda, 43, 36003 Pontevedra, no prazo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacions por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Así mesmo, e no mencionado prazo, poderase examinar nesta xefatura territorial o proxecto da instalación.

Pontevedra, 18 de decembro de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Relación de propietarios bens e dereitos afectados

Concello: A Cañiza.

Provincia: Pontevedra.

LMT cambio sección FRI808 CT A Igrexa.

Nº predio

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Enderezo

Apoio

Afeccións

m2

ml aér

ml sub

m2 aér

m2 sub

1

Fiscalas

Monte baixo

Guillermo Reinaldo Barcia

1

1.21

2

Cahos

Monte baixo

Rodrigo Reinaldo Álvarez

2

1.44

3

A Cortiña

Prado

Diocese Tui-Vigo

3-4

13.41

4

Chan da Igrexa

Monte baixo

Servizo de Infraestruturas Agrarias

CT

16.81

7.34

6

Lamaceiros

Monte baixo

Hdos. Manuel Rodríguez Teijeira

6

1.69

8

Alameda

Monte alto

Monte Veciñal en Man Común da Igrexa e outros

8

1.44