Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 15 de xaneiro de 2018 Páx. 2546

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 5 de xaneiro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se declara de interese galego e se ordena a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Mentor.

Examinado o expediente de declaración de interese galego e inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Mentor, dítase a presente resolución baseada nos feitos e fundamentos de dereito que se expoñen a seguir:

Feitos:

Primeiro. Gabriel Baltar Giraud, secretario do padroado da fundación, formulou solicitude de clasificación, declaración de interese galego e inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

Segundo. A Fundación Mentor foi constituída en escritura pública outorgada en Vigo (Pontevedra) o 10 de xullo de 2017, ante o notario Fernando Olmedo Castañeda, co número de protocolo 1.814, polas seguintes entidades: CZ Veterinaria, S.A., representada por Andrés Fernández Álvarez-Santullano; Grupo Profand, S.L., representada por Rafael Martínez Fernández; Pescapuerta, S.A., representada por Javier Calles Prieto; Hospital Povisa, S.A., representada por José Bernardo Silveira Martín; Baltar Abogados y Asesores Tributarios, S.L.P., representada por Gabriel Baltar Giraud; Izmar, S.L.U., representada por Francisco Gustavo Izquierdo Martínez; Fundación Serafín Ocaña, representada por Agustín Riobó Quintas; Sagres, S.L., representada por Alejandro Luis Marqués de Magallanes Regojo; Auren Atlántico Servicios Centrales, S.L., representada por María Concepción Vilaboa Martínez; Maio Galicia, S.L.P., representada por Ramón González-Babe Iglesias; Grupo Ibérica de Congelados, S.A., representada por Alberto Freire Plana; Dosvalor J.H., S.L., representada por José Alejandro Regojo Zapata; Mascato, S.A., representada por Julio Lloves Vieira; P.A. Consultoría y Formación, S.L., representada por Diego Riera Táboas; Francisco Cardama, S.A., representada por Mario Cardama Barrientos; Asesoría Informática Gallega, S.L., representada por Edelmiro González Martínez e Santiago Viso Martínez; Iberatlantic Global Corporation, S.L., representada por Pedro Mouriño Uzal; Geriavi, S.A.U., representada por Josefa Isabel Fernández Miguélez; Deloitte Asesores Tributarios, S.L., representada por Fernando Vázquez Castro; Pérez Rumbao, S.A.U., representada por José Ramón Pérez Nieto; e Cuatrecasas Gonçalves Pereira, S.L.P., representada por Juan Ramón Güell Cancela.

Terceiro. Segundo consta no artigo 6 dos seus estatutos, a Fundación ten por obxecto o fomento e o desenvolvemento do talento e a capacidade de traballo dos alumnos que se atopen na súa formación xurídico-empresarial coa finalidade de que os ditos alumnos dispoñan de todas as ferramentas requiridas polo mundo empresarial e profesional.

Cuarto. O padroado inicial da Fundación está formado por Andrés Fernández Álvarez-Santullano, en representación de CZ Veterinaria, S.A., como presidente; Jorge Falagán Mota, como vicepresidente; Gabriel Baltar Giraud, en representación de Baltar Abogados y Asesores Tributarios, S.L.P., como secretario; e Rafael Martínez Fernández, en representación do Grupo Profand, S.L.; Javier Calles Prieto, en representación de Pescapuerta, S.A.; José Bernardo Silveira Martín, en representación do Hospital Povisa, S.A.; Francisco Gustavo Izquierdo Martínez, en representación de Izmar, S.L.U.; Clara Aurora Pazos Iglesias, en representación da Fundación Serafín Ocaña; Alejandro Luis Marqués de Magallanes Regojo, en representación de Sagres, S.L.; María Concepción Vilaboa Martínez, en representación de Auren Atlántico Servicios Centrales, S.L.; Ramón González-Babe Iglesias, en representación de Maio Galicia, S.L.P.; Alberto Freire Plana, en representación de Grupo Ibérica de Congelados, S.A.; Juan Güell Cancela, en representación de Dosvalor J.H., S.L.; Julio Lloves Vieira, en representación de Mascato, S.A.; Diego Riera Táboas, en representación de P.A. Consultoría y Formación, S.L.; Mario Cardama Barrientos, en representación de Francisco Cardama, S.A.; Edelmiro González Martínez, en representación da Asesoría Informática Gallega, S.L.; Pedro Mouriño Uzal, en representación de Iberatlantic Global Corporation, S.L.; Josefa Isabel Fernández Miguélez, en representación de Geriavi, S.A.U.; Fernando Vázquez Castro, en representación de Deloitte Asesores Tributarios, S.L.; José Ramón Pérez Nieto, en representación de Pérez Rumbao, S.A.U.; Luis Güell Cancela, en representación de Cuatrecasas Gonçalves Pereira, S.L.P.; e Guillermo Pérez Aboy como vogais.

Quinto. A comisión integrada polos secretarios xerais de todas as consellerías elevoulle ao vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza proposta de clasificación como de interese educativo da Fundación Mentor, con base nas materias que constitúen o seu obxecto fundacional, polo que, cumpríndose os requisitos exixidos na Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego, e de conformidade co establecido no artigo 51 do Regulamento de fundacións de interese galego, aprobado polo Decreto 14/2009, do 21 de xaneiro, e o artigo 7 do Regulamento do Rexistro de Fundacións de Interese Galego, aprobado polo Decreto 15/2009, do 21 de xaneiro, o protectorado será exercido polo departamento da Xunta que teña atribuídas as competencias correspondentes aos fins fundacionais.

Sexto. De conformidade coa dita proposta, mediante a Orde da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 5 de decembro de 2017 (DOG núm. 242 do 22 de decembro), clasificouse de interese educativo a Fundación Mentor e adscribiuse á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para os efectos do exercicio das funcións de protectorado.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei e o artigo 27.26 do Estatuto de autonomía de Galicia establece que é competencia exclusiva da Comunidade Autónoma de Galicia o réxime das fundacións de interese galego.

Segundo. De acordo co disposto no artigo 7.2 do Regulamento do Rexistro de Fundacións de Interese Galego, en relación co Decreto 4/2013, do 10 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, correspóndelle a esta consellería a declaración de interese galego mediante resolución publicada no Diario Oficial de Galicia e a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Mentor, así como o exercicio das funcións de protectorado e as demais que correspondan á Xunta de Galicia de conformidade co indicado no devandito regulamento.

Á vista do que antecede e tendo en consideración o establecido na normativa vixente en materia de fundacións de interese galego e nas demais normas de xeral e pertinente aplicación, en uso das competencias atribuídas polo Decreto 4/2013, do 10 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar de interese galego a Fundación Mentor.

Segundo. Ordenar a súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, sección da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Terceiro. Esta fundación queda sometida ao disposto na Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego, e nos decretos 14/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de fundacións de interese galego e o Decreto 15/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Fundacións de Interese Galego, así como á demais normativa que resulte de aplicación, onde se establecen especialmente as obrigas de dar publicidade suficiente do seu obxecto e actividades, ausencia de ánimo de lucro na prestación dos seus servizos, así como a presentación anual da documentación contable e o plan de actuación ante o protectorado.

Contra esta resolución poderá interpoñerse un recurso de alzada ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2018

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria