Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 15 de xaneiro de 2018 Páx. 2704

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 236/2017).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento execución de títulos xudiciais número 236/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan José Coto Varela contra as empresas Esabe Vigilancia, S.A. e Ilunión Seguridad, S.A.U. sobre reclamación de cantidade, se ditou auto e decreto con data do 14 de decembro de 2017, cuxas partes dispositivas son do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Parte dispositiva

Dispoño:

Despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, Juan José Coto Varela, fronte a Ilunión Seguridad, S.A. (Vigilancia Integrada, S.A.) e Esabe Vigilancia, S.A., parte executada, en forma solidaria, por importe de 12.697,61 euros en concepto de principal, máis 4.235,82 euros en concepto de xuros de mora (758,17 € de 1.781,05 € calculados desde o 29.12.2011 + 3.477,65 € de 10.966,16 € calculados desde o 24.1.2013), máis 1.693,34 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación; e fronte a Ilunión Seguridad, S.A.U. (antes Vigilancia Integrada, S.A.), por importe de 40,08 euros de principal, máis 12,78 euros en concepto de xuros de mora, máis 5,28 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, máis 500 euros en concepto de honorarios do letrado da parte executante, segundo a sentenza ditada pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que resolve o recurso de suplicación interposto.

Este auto, xunto co decreto que ditará o/a letrado/a da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados asemade á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC. A executada queda apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación en que, ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, se poderá deducir a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaecesen con posterioridade á súa constitución do título. A compensación de débedas non será admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3, aberta no Banco de Santander, conta nº 5076 0000 64 0236 17. Se o depósito se fai mediante transferencia bancaria, deberase depositar na conta número 00493569920005001274, e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta “5076 0000 64 0236 17”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un depósito por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/a maxistrado/a xuíz/a. A letrada da Administración de xustiza»

E a parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir de pagamento a Ilunión Seguridad, S.A. (antes Vigilancia Integrada, S.A.) e a Esabe Vigilancia, S.A., solidariamente, pola cantidade de 12.697,61 euros en concepto de principal, máis 4.235,82 euros en concepto de xuros de mora (758,17 € de 1.781,05 € calculados desde o 29.12.2011 + 3.477,65 € de 10.966,16 € calculados desde o 24.1.2013), máis 1.693,34 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, ingresándoos na conta deste xulgado, aberta no Banco Santander, co número 5076 0000 64 0236 17 e, se non pagan no prazo de dez días, embargaranse os seus bens na medida suficiente para responder pola cantidade pola cal se despachou execución máis as custas. Prevense a Ilunión Seguridad, S.A.U. de que, se non aboa o debido por todos os conceptos, se executará o aval que consta unido aos autos, e que ascende a 14.011,46 euros, ata onde alcance.

– Requirir a Ilunión Seguridad, S.A. (antes Vigilancia Integrada, S.A.) por importe de 40,08 euros de principal, máis 12,78 euros en concepto de xuros de mora, máis 5,28 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, máis 500 euros en concepto de honorarios do letrado da parte executante, segundo a sentenza ditada pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que resolve o recurso de suplicación interposto, ingresándoo na conta deste xulgado, aberta no Banco Santander, co número 5076 0000 64 0236 17 e, se non paga no prazo de dez días, embargaranse os seus bens na medida suficiente para responder pola cantidade pola cal se despachou execución máis as custas. Prevense a Ilunión Seguridad, S.A.U. de que, se non aboa o debido por todos os conceptos, se executará o aval que consta unido aos autos, e que ascende a 14.011,46 euros, ata onde alcance.

– Requirir a Ilunión Seguridad, S.A. (antes Vigilancia Integrada, S.A.) e a Esabe Vigilancia, S.A., co fin de que, no prazo de dez días, manifesten unha relación de bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, de ser o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificaren, poderán ser sancionados, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presenten a relación dos seus bens, inclúan nela bens que non sexan seus, exclúan bens propios susceptibles de embargo ou non desvelen as cargas e gravames que pesen sobre eles, e poderánselles impor tamén multas coercitivas periódicas.

– Pór en coñecemento do Rexistro Público Concursal o auto do 12 de decembro de 2017 polo cal se despacha execución, con especificación expresa do número de identificación fiscal do debedor contra o cal se despachou execución (artigo 551.3, epígrafe final).

Notifíquese ás partes e a Esabe Vigilancia, S.A. por medio de edictos no DOG e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei de xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante este órgano xudicial no prazo de tres días hábiles.

Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3, aberta no Banco de Santander, conta nº 5076 0000 64 0236 17. Se o depósito se fai mediante transferencia bancaria, deberase depositar na conta número 00493569920005001274, e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta “5076 0000 64 0236 17”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un depósito por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acordo e asino. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza»

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Esabe Vigilancia, S.A., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza