Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 12 de xaneiro de 2018 Páx. 2296

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (727/2015).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 727/2015 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Gonzalo Barbeito Rey contra a empresa Falcon Contratas y Seguridad, S.A., se ditou sentenza cuxa parte dispositiva se achega:

«Que estimando integramente a demanda interposta por Gonzalo Barbeito Rey contra Falcón Contratas y Seguridad, S.A., debo condenar e condeno a mercantil demandada a aboarlle ao demandante a suma de 1.471,30 euros polos conceptos sinalados no feito probado oitavo desta resolución, máis o xuro do artigo 29.3 do ET respecto da dita suma desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os xuros do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución, así como ao aboamento das custas procesuais, con inclusión dos honorarios do letrado da parte demandante por importe de 200 euros.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta non cabe recurso (artigo 191.2)».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Falcon Contratas y Seguridad, S.A., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de decreto, auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza