Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 12 de xaneiro de 2018 Páx. 2292

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Betanzos

EDICTO (98/2017).

Nos autos de ordinario número 98/2017, seguidos por instancia da procuradora Verónica Guerra Fraga, en nome e representación de Lygia Rodrigues Reis, contra Mykhaylo Habor, se ditou con data do 28.11.2017 sentenza, aclarada por auto con data do 12.12.2017 que contén o encabezamento e parte dispositiva que literalmente din:

«Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Betanzos

Sentenza: 170/2017.

Xuízo ordinario nº 392/16.

Sentenza.

En Betanzos, 28 de novembro de 2017.

Vistos por min, Mª de las Nieves Corral Montes, xuíza do Xulgado de Primera Instancia e Instrución número 1 de Betanzos e o seu partido xudicial os autos do xuízo ordinario nº 306/12 no que foron parte demandante Lygia Rodrigues Reis representada pola procuradora Verónica Guerra e asistida pola letrada Mª del Pilar Señor e parte demandada Mykhaylo Habor e o Ministerio Fiscal representado pola Fiscal Elena Cajide.

Decido:

Que considerando integramente a demanda formulada por Lygia Rodrigues Reis representada pola procuradora Verónica Guerra contra a parte demandada Mykhaylo Habor, debo declarar e declaro a privación da patria potestade de Mykhaylo Habor sobre a súa filla Dhessy Habor.

En materia de custas rexe o artigo 394.1 da Lac.

Contra esta sentenza poderase interpoñer, ante este xulgado, recurso de apelación no prazo de vinte días hábiles contados desde o día seguinte da notificación.

Lévese testemuño da presente resolución aos autos a que se refire e o orixinal ao libro de sentenzas que se leva neste xulgado.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronunciouno, mándoo e asínoo.

Publicación. Leu e publicou a anterior sentenza, a Sra. maxistrada-xuíza que a ditou no día da súa data e celebrando audiencia pública. Dou fe».

A devandita sentenza foi aclarada polo seguinte auto:

Auto

Maxistrada-xuíza Sra: María de las Nieves Corral Montes.

En Betanzos, doce de decembro de dous mil dezasete.

Feitos:

Único. Na sentenza ditada con data do 28.11.2017 advertiuse un fallo consistente en que, no seu encabezamento se indica como procedemento os xuízos ordinarios nº 392/16 e 306/12, cando o procedemento onde se dita sentenza é o xuízo ordinario 98/2017.

Parte dispositiva:

Acórdase rectificar a sentenza con data do 28.11.2017 ditada por este xulgado, nos termos indicados na Fundamentación Xurídica da presente resolución, indicando que o procedemento onde se dita sentenza é o xuízo ordinario 98/2017.

Notifíquese esta resolución ás partes.

Esta resolución non é susceptible de ningún recurso, sen prexuízo dos recursos que poidan interpoñerse contra a resolución que é obxecto de rectificación.

Así o acorda, manda e asina, María de las Nieves Corral Montes, maxistrada-xuíza deste Xulgado de Primera Instancia e Instrución número 1 de Betanzos. Dou fe».

E en cumprimento do acordado, para a súa publicación no DOG, e para que sirva de notificación en forma ao demandado Mykhaylo Habor, expídese o presente edicto.

Betanzos, 12 de decembro de 2017

Eva Ortiz Suárez
Letrada da Administración de xustiza