Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 12 de xaneiro de 2018 Páx. 2373

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego do Consumo e da Competencia

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2017 pola que se anuncia a licitación, documentalmente simplificada, suxeita a regulación harmonizada, para a contratación do servizo consistente na atención presencial e do teléfono de atención ao consumidor en Galicia, por tramitación anticipada de gasto e procedemento aberto (expediente 01/2018 IGCC).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Instituto Galego do Consumo e da Competencia.

b) Dependencia que tramita o expediente: xerencia do Instituto Galego do Consumo e da Competencia.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Asuntos Xerais.

2º. Enderezo: avenida Gonzalo Torrente Ballester nº 1-5, baixo.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

4º. Teléfono: 981 54 53 91(consultas administrativas) 981 54 53 90 (consultas técnicas).

5º. Telefax: 981 54 45 98.

6º. Enderezo electrónico: igc.xerencia@xunta.gal

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=239860

8º. Data límite de obtención de documentación e información: 12 de febreiro de 2018 ata as 14.00 horas.

d) Número de expediente: 01/2018 IGCC.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: de servizos.

b) Descrición: servizo consistente na atención presencial e do teléfono de atención ao consumidor en Galicia.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega: Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Prazo de execución/entrega: será de 24 meses.

f) Admisión de prórroga: si, por un prazo máximo igual ao do contrato.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) CPV (referencia de nomenclatura): 98390000-3. Outros servizos.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria, suxeita a regulación harmonizada e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os sinalados no punto 7.5 do prego de cláusulas administrativas particulares e na alínea A do seu cadro de criterios de adxudicación do contrato.

4. Valor estimado do contrato: 1.200.000 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 600.000 euros (IVE excluído). IVE: 126.000 euros. Importe total: 726.000 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe.

Definitiva (%): 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: deberá acreditarse nos termos especificados no punto 5 do prego de cláusulas administrativas particulares e na alínea F do seu cadro de características.

c) Outros requisitos específicos: non.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 12 de febreiro de 2018, ás 14.00 horas.

b) Modalidade de presentación: segundo o disposto no punto 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Oficina do Rexistro da Xerencia do Instituto Galego do Consumo e da Competencia.

2º. Enderezo: avenida Gonzalo Torrente Ballester nº 1-5, baixo.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

4º. Enderezo electrónico: igc.xerencia@xunta.gal

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: durante os prazos sinalados nos parágrafos 2 e 3 do artigo 161 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: apertura pública.

b) Enderezo: avenida Gonzalo Torrente Ballester nº 1-5.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

d) Data e hora: a apertura do sobre B terá lugar o día 1 de marzo de 2018, ás 10.00 horas.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial da Unión Europea: 27 de decembro de 2017.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2017

Sol María Vázquez Abeal
Directora do Instituto Galego do Consumo e da Competencia