Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 11 de xaneiro de 2018 Páx. 1999

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2017 pola que se comunica o inicio de procedemento de incumprimento e a resolución de retención de pagamento do expediente IG206.2015.1.193, relativo a unha axuda para a bonificación dos custos do financiamento dos investimentos das microempresas de Galicia titulares de préstamos inferiores ou iguais a 25.000 euros (Programa microcréditos).

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio da presente resolución ponse en coñecemento da empresa Tahona del Sol, S.L., titular do expediente IG206.2015.1.193, relativo a unha axuda para a bonificación dos custos do financiamento dos investimentos das microempresas de Galicia titulares de préstamos inferiores ou iguais a 25.000 € (Programa microcréditos) (Resolución do 5 de xuño de 2015, DOG nº 115, do 19 de xuño), que con data 7 de novembro de 2017, o director xeral do Igape acordou iniciar o procedemento de incumprimento das condicións impostas na resolución de concesión da axuda outorgada, co obxecto de determinar o alcance do incumprimento, que podería dar lugar á revogación da axuda concedida e suspender o pagamento ata que se dite a resolución que poña fin ao procedemento de incumprimento.

O acto obxecto do presente anuncio non se publica na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da Lei 39/2015. Concédeselle un prazo de quince (15) días hábiles desde a publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado para presentar alegacións co fin de xustificar a non procedencia deste presunto incumprimento. Así mesmo, a resolución de retención de pagamento esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpor recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. Non obstante, previamente poderá interpor recurso de reposición ante a Dirección Xeral do Igape, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

O expediente pónselle de manifesto ao interesado neste centro directivo sito en Santiago de Compostela, Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2017

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica