Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 9 de xaneiro de 2018 Páx. 1598

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2017 pola que se aproba e fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas e se convocan as persoas aspirantes pola quenda de acceso libre á realización do segundo exercicio do proceso selectivo para cubrir unha praza da categoría profesional médico/a de empresa, grupo I, desta universidade, pola quenda de promoción interna e pola quenda de acceso libre.

Por Resolución reitoral do 19 de maio de 2017 (DOG do 2 de xuño e BOE do 19 de xuño), convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional médico/a de empresa, grupo I, pola quenda de promoción interna e pola quenda de acceso libre.

Por Resolución reitoral do 11 de setembro de 2017 (DOG do 22 de setembro), aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas, fixándose un prazo para emendar os defectos que motivasen a exclusión ou omisión.

Rematado o dito prazo e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas pola quenda de acceso libre ás citadas probas.

Segundo. Declarar que non hai persoas aspirantes pola quenda de promoción interna.

Terceiro. Indicar que a listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas está exposta nos taboleiros de anuncios da Reitoría, da Casa da Balconada, do edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros e na web:

https://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html

Cuarto. Todas as persoas aspirantes admitidas pola quenda de acceso libre, están exentas de realizar o primeiro exercicio, por aplicación do previsto no punto 3.1 da convocatoria.

Quinto. Convocar as persoas aspirantes admitidas pola quenda de acceso libre para a realización do segundo exercicio da fase de oposición, o día 2 de febreiro de 2018, ás 11.00 horas, na aula 9 da Facultade de Medicina e Odontoloxía, rúa de San Francisco s/n, Santiago de Compostela.

A publicación dos sucesivos anuncios de celebración dos demais exercicios será efectuado polo tribunal, nos locais onde se realizara o primeiro deles, na Reitoría da universidade e na páxina web: https://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non recaia resolución expresa ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto ao abeiro dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común e das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2017

Juan M. Viaño Rey
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela