Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 9 de xaneiro de 2018 Páx. 1586

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se declara de interese galego e se ordena a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Centro de Innovación de Estudios Jurídicos Marítimos y Pesqueros (MarInnLeg).

Examinado o expediente de declaración de interese galego e inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Centro de Innovación de Estudios Jurídicos Marítimos y Pesqueros, dítase a presente resolución baseada nos feitos e fundamentos que se expoñen a seguir:

Feitos:

1. O 22 de setembro de 2017, José Ramón Costas Alonso, secretario do padroado da Fundación, solicitou a súa clasificación para os efectos da correspondente inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A Fundación Centro de Innovación de Estudios Jurídicos Marítimos y Pesqueros (MarInnLeg), foi constituída en escritura pública outorgada en Vigo (Pontevedra). O 21 de xullo de 2017, ante o notario Julio Manuel Díaz Losada, co número de protocolo 1.146, pola Consellería do Mar da Xunta de Galicia, representada por Rosa María Quintana Carballo; a Autoridade Portuaria de Vigo, representada por Enrique César López Veiga; a entidade Abanca Corporación Bancaria, S.A., representada por Víctor Casal Antón; a Cooperativa de Armadores de Pesca del Puerto de Vigo, Arvi, Sociedade Cooperativa Galega Limitada, representada por Francisco Javier Touza Touza; a Asociación de Industriales Metalúrgicos de Galicia, Asime, representada por Julio Gómez Rodríguez, a Asociación Española de Mayoristas, Importadores, Transformadores y Exportadores de Productos de la Pesca y Acuicultura, Conxemar, representada por José Luis Freire Freire; e a Confederación Española de Pesca, Cepesca, representada por Javier Garat Pérez.

3. A Fundación, segundo consta no artigo 4 dos seus estatutos, ten como obxecto contribuír a un desenvolvemento socioeconómico sustentable da economía produtiva do sector marítimo e pesqueiro galego. Participará activamente nas tarefas de fomento e transferencia do coñecemento xurídico marítimo e pesqueiro e, para iso, realizará distintas actividades, principalmente tarefas de asesoramento, formación especializada, investigación e compilación de información e datos en asuntos xurídicos marítimos e pesqueiros.

4. Na escritura de constitución constan os aspectos relativos á personalidade dos fundadores, á súa capacidade e á súa vontade de constituír a Fundación conforme os preceptos da Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego.

5. Nos estatutos da Fundación consta a súa denominación e natureza; o seu domicilio, obxecto e finalidade; as regras para a aplicación das súas rendas aos fins fundacionais e para a determinación dos seus beneficiarios; e a designación do padroado inicial.

6. O padroado inicial da Fundación está formado pola Consellería do Mar da Xunta de Galicia, representada por Rosa María Quintana Carballo, como presidenta; a Autoridade Portuaria de Vigo, representada por Enrique César López Veiga, como vicepresidente; a entidade Abanca Corporación Bancaria, S.A., representada por Javier Fraga Díaz, como tesoureiro; e como vogais a Consellería do Mar da Xunta de Galicia, representada por María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade; a Autoridade Portuaria de Vigo, representada por Beatriz Colunga Fidalgo; a entidade Abanca Corporación, S.A., representada por Víctor Casal Antón e José Lino Comesaña Calvo; a Cooperativa de Armadores de Pesca del Puerto de Vigo, Arvi, Sociedade Cooperativa Galega Limitada, representada por Francisco Javier Touza Touza; a Asociación de Industriales Metalúrgicos de Galicia, Asime, representada por Enrique Miguel Mallón Otero; a Asociación Española de Mayoristas, Importadores, Transformadores y Exportadores de Productos de la Pesca y Acuicultura, Conxemar, representada por José Luis Freire Freire, Constante Bueno Freire González e Manuel Suárez Lemus; e a Confederación Española de Pesca, Cepesca, representada por Javier Garat Pérez. Consta tamén, como secretario non patrón José Ramón Costas Alonso.

7. A comisión integrada polos secretarios xerais técnicos de todas as consellerías elevou ao vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza a proposta de clasificación como de interese para o fomento da economía social e o desenvolvemento da economía produtiva do sector marítimo e pesqueiro de Galicia da Fundación Centro de Innovación de Estudios Jurídicos Marítimos y Pesqueros (MarInnLeg), con base nas materias que constitúen o seu obxecto fundacional, polo que, cumprindo os requisitos exixidos na Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego, e de conformidade co establecido no artigo 51 do Decreto 14/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de fundacións de interese galego, e o artigo 7 do Decreto 15/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Fundacións de Interese Galego, o protectorado será exercido pola Consellería do Mar.

8. De conformidade coa dita proposta, por Orde da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 21 de novembro de 2017, clasificouse como de interese para o fomento da economía social e o desenvolvemento da economía produtiva do sector marítimo e pesqueiro de Galicia e adscribiuse á Consellería do Mar para os efectos do exercicio das funcións de protectorado.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral, e o artigo 27.26 do Estatuto de autonomía para Galicia establece que é competencia exclusiva da Comunidade Autónoma galega o réxime das fundacións de interese galego.

Segundo. De acordo co disposto no artigo 7.2 do Decreto 15/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de fundacións de interese galego, en relación co Decreto 168/2015, do 13 de novembro, polo que se aproba a estrutura orgánica da Consellería do Mar, corresponde a esta consellería a declaración de interese galego mediante resolución publicada no Diario Oficial de Galicia e a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Centro de Innovación de Estudios Jurídicos Marítimos y Pesqueros (MarInnLeg), así como o exercicio das funcións do protectorado e as demais que correspondan á Xunta de Galicia de conformidade co indicado no dito regulamento.

Terceiro. Á vista do disposto na Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego, no Decreto 14/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de fundacións de interese galego e no Decreto 15/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento do rexistro de fundacións de interese galego, resultan cumpridos os requisitos establecidos pola normativa vixente para a declaración de interese galego e inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, sección da Consellería do Mar da Fundación Centro de Innovación de Estudios Jurídicos Marítimos y Pesqueros (MarInnLeg), é polo que

RESOLVO:

1. Declarar de interese galego a Fundación Centro de Innovación de Estudios Jurídicos Marítimos y Pesqueros (MarInnLeg).

2. Ordenar a súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, sección da Consellería do Mar.

3. Esta fundación queda sometida ao disposto na Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego; ao Decreto 14/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de fundacións de interese galego; e ao Decreto 15/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Fundacións de Interese Galego; así como á demais normativa que resulte de aplicación, onde se establecen especialmente as obrigas de dar publicidade suficiente do seu obxecto e actividades, ausencia de ánimo de lucro na prestación dos seus servizos, así como a presentación anual da documentación contable e plan de actuación ante o protectorado, que será exercido pola Consellería do Mar.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, pódese interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Mar, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2017

Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar