Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 8 de xaneiro de 2018 Páx. 1434

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2017, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as, convocado pola Orde do 12 de abril de 2016, pola que se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 22 de decembro de 2017, o tribunal nomeado pola Orde do 24 de novembro de 2016 (Diario Oficial de Galicia número 231, do 2 de decembro), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as, convocado pola Orde do 12 de abril de 2016 (DOG número 84, do 3 de maio), de conformidade co disposto nas bases da convocatoria,

ACORDOU:

Primeiro. Publicar como anexo a esta resolución a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo por orde das puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade.

De conformidade coas bases IV.2 e IV.3 da convocatoria, as persoas aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación no DOG desta resolución, para presentar a documentación prevista nas citadas bases.

Segundo. Elevar esta relación ao titular da Dirección Xeral da Función Pública para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

Terceiro. De acordo co disposto na base III.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro competente en materia de Función Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2017

Manuel Mateo Díaz
Presidente do tribunal

ANEXO

Relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as

Promoción interna

Nº de orde

Apelidos e nome

DNI

1º exercicio

2º exercicio

3º exercicio

4º exercicio

5º exercicio

Total

1

Veiguela Fernández, Noa

76580162Y

71,53

61,13

82,43

76,62

Exenta

291,71

2

Fernández González, Lucía

44489593A

67,69

66,67

66,68

83,13

Exenta

284,17

Acceso libre

Nº de orde

Apelidos e nome

DNI

1º exercicio

2º exercicio

3º exercicio

4º exercicio

5º exercicio

Total

1

Rey López, Gonzalo Luis

33278016Y

70,76

65,73

85,00

71,50

Exento

292,99

2

Pérez Lago, Ángel de Jesús

36051889X

56,92

80,66

73,75

63,25

Apto

274,58