Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 5 de xaneiro de 2018 Páx. 1176

III. Outras disposicións

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2017 pola que acorda publicar o orzamento para o exercicio do ano 2018.

O Consello Social da Universidade da Coruña, na reunión que tivo lugar o día 21 de decembro de 2017, e de conformidade con disposto no artigo 20.1 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro (modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril), e o artigo 4.c) da Lei 1/2003, do 9 de maio, de consellos sociais do Sistema universitario de Galicia, acordou a aprobación do orzamento desta universidade para o exercicio do ano 2018.

Esta reitoría, consonte o disposto no artigo 81.2 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades (modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril), resolve publicar o devandito orzamento, que acada a contía inicial no estado de ingresos e gastos de 123.294.723,03 euros, segundo o detalle anexo.

A Coruña, 26 de decembro de 2017

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO
Clasificación económica

Resumo por capítulos:

Ingresos

2018

Capítulo III. Taxas, prezos públicos e outros ingresos

16.663.822,70

Capítulo IV. Transferencias correntes

92.038.376,42

Capítulo V. Ingresos patrimoniais

315.000,00

Capítulo VII. Transferencias de capital

13.688.592,87

Capítulo VIII. Activos financeiros

588.931,14

Capítulo IX. Pasivos financeiros

Total orzamento de ingresos 2018

123.294.723,03

Gastos

2018

Capítulo I. Gastos de persoal

92.200.902,31

Capítulo II. Gastos correntes en bens e servizos

15.582.765,40

Capítulo III. Gastos financeiros

33.000,00

Capítulo IV. Transferencias correntes

4.601.378,70

Capítulo V. Fondo de continxencia

350.000,00

Capítulo VI. Investimentos reais

9.976.676,62

Capítulo VIII. Variación de activos financeiros

Capítulo IX. Variación de pasivos financeiros

550.000,00

Total orzamento de gastos 2018

123.294.723,03