Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 5 de xaneiro de 2018 Páx. 1178

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 26 de decembro de 2017 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados/as, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 12 de abril de 2016.

Mediante a Resolución do 4 de decembro de 2017 (DOG núm. 240, do 20 de decembro), o tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados/as, convocado pola Orde do 12 de abril de 2016 (DOG núm. 85, do 4 de maio), fixo pública a relación de aspirantes que o superaron.

Unha vez examinada a documentación presentada polas referidas persoas, segundo o previsto na base IV.2 da convocatoria, esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e demais normas concordantes,

DISPÓN:

Nomear persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados/as, as persoas que se relacionan no anexo, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos provisionais os que figuran nel.

Para adquirir a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas a que se refire o anexo desta orde deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2017

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO

Apelidos e nome

DNI

Código do posto

Cons.

Denominación

Subg.

Nivel

Centro directivo

Centro destino

Concello

Titulación

Benedito Cadórdina, José Luis

33552836E

PRV300000015770014

PR

Letrado/a

A1

28

Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia

Asesoría Xurídica Xeral

Santiago de Compostela

Lic. dereito

De la Fuente López, Marta

47389325X

PRV300000015770013

PR

Letrado/a

A1

28

Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia

Asesoría Xurídica Xeral

Santiago de Compostela

Lic. dereito