Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 5 de xaneiro de 2018 Páx. 1209

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica nos concellos de Gondomar e Nigrán (expediente IN407A 2017/717-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMTS cambio de sección GON807-fase 2 e CS.

Situación: Gondomar e Nigrán.

Características técnicas: instalación de SXS e paso aerosubterráneo (PAS) no apoio 4 da LMTA GON804 e LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ en tres actuacións:

1. 1.289 metros; orixe: PAS no apoio 4; final: punto de acceso existente na LMTS GON807.

2. 158 metros; orixe: punto de acceso proxectado; final centro de seccionamento proxectado (CS).

3. 25 metros; orixe: CS proxectado; final: PAS proxectado no apoio existente C-2500-11.

Centro de seccionamento, con celas prefabricadas compactas baixo envolvente metálica, con illamento e corte en SF6, situado en Areosa, Donas, Gondomar.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial, avenida Fernández Ladreda 43, 36003 Pontevedra, no prazo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacions por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Así mesmo, e no mencionado prazo, poderase examinar nesta xefatura territorial o proxecto da instalación.

Pontevedra, 11 de decembro de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados

Predio 1. Municipio: Gondomar; lugar: A Areosa; titular: descoñecido; afección: 36,76 m2 para liña subterránea.

Predio 2. Municipio: Gondomar; lugar: A Areosa; titular: Hermino Narciso González; afección: 12,97 m2 de solo para o centro de seccionamento e 62,8 m2 para liña subterránea.