Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 5 de xaneiro de 2018 Páx. 1196

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (SSS 460/2016).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento Seguridade Social 460/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Santiago Rodríguez Rey contra Asepeyo, Servizo Público de Emprego Estatal, MC Mutual, INSS, Mutua Fremap, Forjas de Santiago, S.L., Metal Anma Forja, S.A., Carrocerías Castrosúa, S.A., Talleres Miguel Seoane sobre Seguridade Social, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza 586/2017.

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 2017

Visto por min, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 dos de Santiago de Compostela, o estado procesual que manteñen as presentes actuacións, rexistradas ante este órgano xudicial como Seguridade Social (determinación de continxencia de IT por accidente de traballo) baixo o número 460/2016, nas que é parte demandante Santiago Rodríguez Rey, asistido polo letrado Sr. Moure López, e son partes co-demandadas a entidade xestora o Instituto Nacional da Seguridade Social (tamén e en diante, INSS), asistida pola letrada Sra. Suárez Herva, o Servizo Público de Emprego Estatal (tamén e en diante, SPEE), asistido polo letrado Sr. Amado Domínguez, a mercantil Carrocerías Castrosua, S.A., asistida pola letrada Sra. Sanmartín Castro, a compañía aseguradora MC Mutual, asistida pola letrada Sra. Fernández-Chao González Dopeso, a compañía aseguradora Fremap, asistida polo letrado Sr. Amigo Estrada, e a compañía aseguradora, asistida polo letrado Sr. Martínez-Olivares Gómez, a mercantil Forjas de Santiago, S.L., que non comparece ao acto de xuízo a pesar de constar citada en legal forma e tempo en unidade de autos para iso, a mercantil Anma Forja-Metal, S.L., que non comparece ao acto de xuízo a pesar de constar citada en legal forma e tempo en unidade de autos para iso, a mercantil Talleres Miguel Seoane, S.L., que non comparece ao acto de xuízo a pesar de constar citada en legal forma e tempo en unidade de autos para el, e o administrador concursal Salustiano Velo, que tampouco comparece ao acto de xuízo a pesar de constar igualmente citado en legal forma e tempo en unidade de autos para iso, en nome do rei veño ditar a presente con base nos seguintes

Decido:

Que debo desestimar e desestimo (con falta de lexitimación pasiva do Servizo Público de Emprego Estatal, da compañía aseguradora Fremap e da aseguradora Asepeyo) a demanda presentada por Santiago Rodríguez Rey, asistido polo letrado Sr. Moure López, fronte á entidade xestora o Instituto Nacional da Seguridade Social (tamén INSS), asistido pola letrada Sra. Suárez Herva, ao Servizo Público de Emprego Estatal (tamén SPEE), asistido polo letrado Sr. Amado Domínguez, á mercantil Carrocerías Castrosúa, S.A., asistida pola letrada Sra. Sanmartín Castro, á compañía aseguradora MC Mutual, asistida pola letrada Sra. Fernández-Chao González Dopeso, á compañía aseguradora Fremap, asistida polo letrado Sr. Amigo Estrada, á compañía aseguradora Asepeyo, asistida polo letrado Sr. Martínez-Olivares Gómez, á mercantil Talleres Miguel Seoane, S.L., á mercantil Forjas de Santiago, S.L. (na persoa do seu administrador concursal, Salustiano Velo Sabín) e á mercantil Anma Forja Metal, S.L., e, en consecuencia, debo absolver e absolvo a mercantil agora demandada, confirmando a resolución administrativa agora impugnada ditade con data do 25 de abril de 2016.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes comparecidas, facéndolles saber que esta non é firme e que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación de acordo co disposto no artigo 191.3.c) da Lei reguladora da xurisdición social.

Así, por esta miña sentenza da que se unirá testemuño literal aos autos orixinais, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, pronúncioo, mándoo e asínoo.

A xuíza substituta».

E para que sirva de notificación en legal forma a Forjas de Santiago, S.L., Anma Forja Metal, S.L., Talleres Miguel Seoane, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza