Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Martes, 2 de xaneiro de 2018 Páx. 229

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (457/2016).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 457/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Andrea Míguez García contra La Empanadilla Sabrosa, S.L. e Fogasa sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza nº 577/2017.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2017.

Visto por min, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, o estado procesual que manteñen as presentes actuacións, rexistradas ante este órgano xudicial como PO (en materia de reclamación de cantidades, concretamente reclamación de diferenzas salariais) baixo o número 457/2016, nas que é parte demandante Andrea Míguez García, asistida pola letrada Sra. Trillo Nouche, e son partes co-demandadas a mercantil La Empanadilla Sabrosa, S.L., que non comparece ao acto de xuízo a pesar de constar citada en legal forma e tempo en unidade de autos, e o Fondo de Garantía Salarial (tamén e en diante, Fogasa), que tampouco comparece ao acto de xuízo a pesar de constar citado en legal forma e tempo en unidade de autos, en nome do rei veño ditar a presente con base nos seguintes.

Decido que debo estimar e estimo a demanda presentada por Andrea Míguez García, asistida pola letrada Sra. Trillo Nouche, fronte á empresa La Empanadilla Sabrosa, S.L. e fronte ao Fondo de Garantía Salarial, e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa demandada a aboar á traballadora demandante a cantidade de 1.224,38 euros en concepto de parte da nómina do mes de xuño de 2015 e totalidade da nómina do mes de xullo de 2015 impagadas segundo desagregación detallada do feito probado terceiro da presente + o xuro do 10 % sobre o total do agora debido por demora no pagamento de salario ex artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores.

Todo iso sen prexuízo da responsabilidade legal que alcance o Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes interesadas, coa advertencia de que esta é firme e contra ela non cabe interpoñer recurso de suplicación de acordo co disposto no artigo 191.2.g) da Lei reguladora da xurisdición social.

Así, por esta miña sentenza da que se unirá testemuño literal aos autos orixinais, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social 3 de Santiago de Compostela, pronúncioo, mándoo e asínoo.

A xuíza substituta».

E para que sirva de notificación en legal forma a Empanadilla Saborosa, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza