Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 29 de decembro de 2017 Páx. 59661

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 5 de decembro de 2017 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión administrativa e da batea Melayro XIII.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Melayro XIII e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

Antecedentes:

Primeiro. Mediante escrito do 8 de novembro de 2017, Manuel Sobradelo España (33272672K) e Mª Josefa Sánchez Mariño (52453534X), Francisco Sobradelo España (76779033L) e Rosa Mª Rodríguez Rial (76779395J) solicitan autorización para a transmisión da concesión administrativa e da batea Melayro XIII.

Segundo. A solicitante presenta a documentación requirida para a tramitación deste tipo de procedementos.

Consideracións legais e técnicas:

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG núm. 243, do 15 de decembro), e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e nas xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia (DOG núm. 180, do 21 de setembro).

Segundo. O expediente seguiu todos os trámites establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións de bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 126, do 2 de xullo).

Vistas as disposicións citadas, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de Mariscos Antón Fernández, S.L.U. (B70451018) da concesión administrativa e da batea que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Melayro XIII.

Situación:

Cuadrícula nº 56.

Polígono: B.

Distrito: Muros (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 26.6.1974.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuales titulares: Manuel Sobradelo España (33272672K) e Mª Josefa Sánchez Mariño (52453534X), Francisco Sobradelo España (76779033L) e Rosa Mª Rodríguez Rial (76779395J).

Novo titular: Mariscos Antón Fernández, S.L.U. (B70451018).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. O actual titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter aportado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, previa comunicación por parte da consellería.

Terceira. Os novos titulares da concesión administrativa e da batea quedan subrogados nos dereitos e obrigas do anterior, desde o momento de formalización da compra-venda en escritura pública.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderáse interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar ou recurso contencioso-administrativo ante a xurisdición contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses contado en ambos os dous casos, desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 5 de decembro de 2017

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña