Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 29 de decembro de 2017 Páx. 59549

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2017, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se someten a información pública anteproxectos de explotación de servizos públicos de transporte regular de viaxeiros de uso xeral por estrada.

De acordo cos artigos 76 e 77 da Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación, a Dirección Xeral de Mobilidade elaborou dous anteproxectos de explotación de servizos públicos de transporte regular de viaxeiros de uso xeral por estrada, que serán obxecto de adxudicación polo procedemento de adxudicación directa que regulan as devanditas normas.

Xa que logo, acórdase someter a información pública durante dez días naturais, a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, os dous anteproxectos de explotación de servizos de transporte que se indican no anexo.

Durante o dito prazo os anteproxectos obxecto de información pública estarán dispoñibles para calquera interesado na páxina web da Dirección Xeral de Mobilidade, e as empresas e demais interesados en xeral poderán formular as alegacións que consideren en relación co contido do anteproxecto.

Igualmente, as empresas con capacidade para a súa prestación poderán propoñerse para ser invitadas para a presentación de ofertas nos termos do artigo 77 da Lei 2/2017, do 8 de febreiro.

As ditas alegacións e os ofrecementos para a remisión de invitacións para formular oferta, poderán presentarse a través do enderezo de correo electrónico transportepublico@xunta.gal, ou remitirse á Dirección Xeral de Mobilidade consonte o previsto no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2017

Ignacio Maestro Saavedra
Director xeral de Mobilidade

ANEXO

Código anteproxecto

Denominación

XG 516

Lugo-Lalín-Pontevedra-Vigo, con anexos

XG 517

A Coruña-Santiago de Compostela-Pontevedra-Vigo-Fisterra, con anexos