Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 28 de decembro de 2017 Páx. 59053

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (146/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 146/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sara Penedo Alban contra José Ángel González Álvarez, Fogasa, se ditou a seguinte resolución:

«Acordo:

a) Declarar o executado José Ángel González Álvarez, en situación de insolvencia total por importe de 8.178,80 euros, máis 817,88 euros calculados provisionalmente para xuros e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reaperturar a execución, se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Expedir os testemuños das resolucións procedentes, que a parte executante poderá retirar nesta secretaría a partir da notificación da presente resolución.

d) Unha vez asine a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS».

E para que sirva de notificación en legal forma a José Ángel González Álvarez, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza