Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 28 de decembro de 2017 Páx. 58904

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

CORRECCIÓN DE ERROS. Decreto 90/2017, do 21 de setembro, polo que se aproba o cambio de titularidade de todo o dominio público, a excepción da calzada e das beiravías, do treito da estrada AC-432 situado entre os puntos quilométricos 13+850 e 14+960, a prol do Concello de Camariñas.

Advertidos erros no citado decreto, publicado no Diario Oficial de Galicia número 188, do 3 de outubro de 2017, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 46599, no título, onde di: «13+950», debe dicir: «13+850».

Na páxina 46599, no parágrafo 5, onde di: «13+950», debe dicir: «13+850».

Na páxina 46600, no artigo 1, onde di: «13+950», debe dicir: «13+850».