Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 27 de decembro de 2017 Páx. 58429

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra

EDICTO (699/2015).

Patricia Raposo Fernández, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra, fai saber que no presente procedemento ordinario seguido por instancia de Consorcio de Compensación de Seguros fronte a Jorge Martínez Fernández e Manuel Amorín Pereira, se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza 1/2017

Pontevedra, 19 de xaneiro de 2017

Vistos por Ignacio de Frías Conde, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 2 desta cidade, os presentes autos de xuízo ordinario nº 699/2015, seguidos por instancia do Consorcio de Compensación de Seguros, asistido da letrada do Estado Sra. Gómez Andrés, contra Jorge Martínez Fernández e Manuel Amorín Pereira, ambos en situación legal de rebeldía procesual, sobre reclamación por repetición do importe aboado por danos derivados de accidente de circulación,

Resolvo:

Que estimo parcialmente a demanda interposta polo Consorcio de Compensación de Seguros contra Jorge Martínez Fernández e Manuel Amorín Pereira e condeno a Jorge Martínez Fernández e a Manuel Amorín Pereira a que aboen solidariamente ao Consorcio de Compensación de Seguros a cantidade de 8.326,23 euros, incrementada cos correspondentes xuros legais, desde o 6 de outubro de 2015 ata a data desta resolución, e desde esta os xuros sinalados no artigo 576 LAC.

Cada parte aboará as custas causadas á súa instancia e as comúns por metade.

Notifíquese a presente resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela se poderá interpor recurso de apelación no prazo de vinte días ante este xulgado.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas deste xulgado e déixese no procedemento testemuño bastante.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E ao estar o dito demandado, Jorge Martínez Fernández, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 23 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza