No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), intentada a notificación da resolución de reintegro no último domicilio coñecido da persoa interesada sen que esta se puidese practicar, notifícaselle á persoa citada no anexo para que compareza, persoalmente ou debidamente representada, na sede do Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Vigo, rúa Concepción Arenal, 8, 2º (das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres) para ter coñecemento do contido daquela, advertindo de que, de non facelo así, se considerará notificada cos efectos que correspondan.
Así mesmo, esgotada a vía administrativa no procedemento que se relaciona no devandito anexo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpor recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Pontevedra, 13 de decembro de 2017
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Nº de expediente de reintegro: Reint. 2017/008-5.
Nº de expediente de xestión: TR341D 2012/2037-5.
Nome: Villacieros Robineau, Javier.
NIF: 36161003N.
Último enderezo coñecido: rúa México, nº 12, baixo, 36204 Vigo (Pontevedra).
Tipo de axuda: promoción do emprego autónomo.
Norma reguladora: Orde do 30 de decembro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e se procede á súa convocatoria para o ano 2012.
Feito imputado: non realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención durante un tempo mínimo de tres anos.
Precepto infrinxido: artigo 17.1.a) da devandita Orde do 30 de decembro de 2011.
Contido da resolución: resolución de reintegro total.
Data da resolución: 20.11.2017.