Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 27 de decembro de 2017 Páx. 58358

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

DECRETO 130/2017, do 7 de decembro, polo que se declara en concreto a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción de autovía AG-59, treito A Ramalllosa-enlace AC-241, de clave GA/08/022.01.1, nos concellos da Estrada e Teo.

Este proxecto ten por obxecto levar a cabo actuacións na autovía AG-59, no treito comprendido entre o enlace da Ramallosa e o enlace da estrada AC-241; estas obras constitúen a prolongación do actual percorrido entre Santiago de Compostela e A Ramallosa, dando continuidade á autovía AG-59 en servizo.

Coa construción desta nova infraestrutura preténdese rebaixar o tráfico que na actualidade circula polas estradas autonómicas AC-841 e PO-841, así como aumentar notablemente a capacidade do itinerario e a seguridade viaria, reducindo a accidentalidade.

A competencia para a execución da expropiación forzosa, no ámbito das estradas non incorporadas á rede do Estado, con itinerarios que se desenvolvan integramente no seu territorio, correspóndelle á Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do punto dous do artigo 28 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril.

Correspóndelle ao Consello da Xunta de Galicia, como órgano equivalente ao Consello de Ministros, no ámbito da Administración autonómica, o recoñecemento concreto da utilidade pública e a declaración da urxente ocupación dos bens afectados pola expropiación a que dá lugar a realización da obra, segundo o previsto nos artigos 10 e 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

Na súa virtude, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Vivenda e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día sete de decembro de dous mil dezasete,

DISPOÑO:

Artigo único. Declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade de urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos que se concretan no expediente administrativo instruído, así como en calquera das modificacións que sexa necesario realizar para a execución do proxecto de construción: autovía AG-59, treito: A Ramallosa-enlace AC-241, de clave: GA/08/022.01.1.

Santiago de Compostela, sete de decembro de dous mil dezasete

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Ethel María Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Vivenda