Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 26 de decembro de 2017 Páx. 58317

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bergondo

ANUNCIO de licitación (expediente OA-08-2017).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Bergondo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

c) Nº expediente: OA-08-2017.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: mellora e asfaltado de camiños mediante regas asfálticas en parroquias do Concello de Bergondo.

b) Lugar de execución: Concello de Bergondo.

c) Prazo de execución (meses): 2 (dous).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, cun único criterio de valoración: factor prezo.

4. Presuposto de licitación:

A. Valor estimado: 120.846,65 €. B. IVE (21 %): 25.377,80 €. Importe total: A+B: 146.224,45 €.

5. Garantías:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do prezo de adxudicación (excluído o IVE). Complementaria 5 %.

6. Obtención de documentación e información:

Entidade: Concello de Bergondo.

Enderezo: estrada da Coruña, nº 12.

Localidade e código postal: Bergondo 15165.

Teléfono: 981 79 12 52.

Fax: 981 79 42 33.

Correo electrónico: contratacion@bergondo.gal.

7. Clasificación do contratista: non se exixe. Clasificación indicativa para os efectos do disposto no artigo 65.1.a), parágrafo 2º do TRLCSP: grupo G, subgrupo 4, categoría 1.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de 26 días naturais, contado desde o seguinte ao da última publicación do presente anuncio de licitación no BOP, no DOG ou no perfil do contratante, das 9.00 ás 14.45 horas.

b) Hora límite: ata as 14.45 horas do último día do prazo de presentación.

c) Documentación que hai que presentar: a simplificada sinalada na cláusula 12 do prego de cláusulas administrativas particulares que haberán de rexer esta contratación.

d) Lugar de presentación:

1ª. Entidade: Concello de Bergondo. Rexistro Xeral.

2ª. Enderezo: estrada da Coruña, nº 12.

3ª. Localidade e código postal: Bergondo 15165.

9. Apertura das ofertas:

a) Data: o terceiro día hábil seguinte ao que remate o prazo de presentación de proposicións.

b) Hora: 13.00 horas.

10. Outras informaciones: a obter no lugar e polos medios indicados no punto 6 do presente anuncio e no perfil do contratante: www.bergondo.es.

11. Gastos dos anuncios:

Serán por conta do adxudicatario os gastos sinalados no PCAP e no cadro de características do contrato.

Bergondo, 18 de decembro de 2017

Alejandra Pérez Máquez
Alcaldesa