Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 26 de decembro de 2017 Páx. 58314

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación da adquisición de material dun só uso para o Programa galego para detección da xordeira en período neonatal (expediente MS-CON1-18-001).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Sanidade.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

4º. Teléfono: 881 54 36 18.

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7º. Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 22.1.2018.

d) Número de expediente: MS-CON1-18-001.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: adquisición de material dun só uso para o Programa galego para a detección da xordeira en período neonatal.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si/4.

d) Prazo de execución/entrega: 12 meses desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 31224400-6, 32342200-4 e 32342400-6.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e anticipado de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso:

Criterios valorables de forma automática (sobre B)

Concepto

Puntuación

Oferta económica

0-100

4. Valor estimado do contrato: 476.582,88 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 158.860,96 euros. Importe total: 192.221,76 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva: 5 % do importe de licitación excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver números 16 e 17 da folla de especificacións.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 22.1.2018.

Se o último día de presentación de solicitudes coincide en día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 15 días contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

c) Data e hora: apertura do sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización da presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

10. Gastos de publicidade: si, por conta de/dos adxudicatarios.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 11 de decembro de 2017.

12. Outras informacións: ver número 28 da folla de especificacións (carátula).

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2017

Mª Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos