Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 26 de decembro de 2017 Páx. 58163

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2017 pola que se dá publicidade de varias encomendas de xestión ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., executadas durante os exercicios 2016 e 2017.

1. Resolución do 28 de decembro de 2015, da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se encarga ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. (Tragsatec) o servizo técnico cualificado para a elaboración de informes e estudos relacionados coas especies de fauna e flora protexidas de Galicia e para a implantación do sistema de control e seguimento da identificación e rexistro dos animais domésticos e salvaxes en catividade.

– Actividade: realización de valoración técnica ás excepcións sobre o réxime de protección de fauna e flora autóctona. Realización de informes técnicos sobre as árbores e masas arbóreas obxecto de catalogación. Realización dos informes de seguimento sexenal sobre o estado de conservación das especies incluídas nos anexos das directivas hábitat e aves. Traballos para a implantación do novo sistema de control e seguimento da identificación e rexistro dos animais domésticos e salvaxes en catividade de Galicia.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva ao ter Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. a consideración de medio instrumental da Administración, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo quinta do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: os traballos comenzaron o 1 de xaneiro de 2016 e rematarán o 31 de decembro de 2017.

– Financiamento: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2016 e 2017, aplicacións orzamentarias 07.04.541B.640.1 (ano 2016) e 07.03.541B.640.1 (ano 2017).

2. Resolución do 2 de setembro de 2016, da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se encarga ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. (Tragsatec) o servizo cualificado de apoio técnico para a xestión das operacións vinculadas con cargo aos fondos europeos estruturais e de inversión: Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) e Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) por parte da Dirección Xeral de Conservación da Natureza (Fondos período 2014_2020).

– Actividade: traballos de asistencia para o apoio na xestión das operacións cofinanciadas con cargo aos fondos europeos estruturais e de inversión: Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) e Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) do período 2014_2020.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva ao ter Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. a consideración de medio instrumental da Administración, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo quinta do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: o prazo de execución dos traballos foi de seis meses, comprendidos entre o 1 de setembro de 2016 e o 28 de febreiro de 2017.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2016 e 2017, aplicacións orzamentarias 07.04.541B.640.1 (ano 2016) e 07.03.541B.640.1 (ano 2017).

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2017

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio