Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 26 de decembro de 2017 Páx. 58165

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 11 de decembro 2017 pola que se dá publicidade de varias encomendas de xestión ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., executadas durante o exercicio 2016.

1. Resolución do 28 de decembro de 2015, da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se encarga ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. o servizo técnico cualificado de atención clínica veterinaria de fauna silvestre recibida nos centros de recuperación de fauna salvaxe en Galicia.

– Actividade: traballos para a atención clínica dos centros de recuperación de fauna salvaxe de Galicia.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza interxubxectiva ao ter Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. a consideración de medio instrumental da Administración, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo quinta do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: os traballos encomendados comenzaron o 1 de xaneiro de 2016 e remetaron o 31 de decembro de 2016.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016, aplicación orzamentaria 07.04.541B.640.1.

2. Resolución do 28 de decembro de 2015, da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se encarga ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. o servizo técnico para a atención telefónica durante a elección de permisos de pesca fluvial para a tempada 2016.

– Actividade: traballos para a atención telefónica durante a elección dos permisos de pesca fluvial para a tempada 2016.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva ao ter Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. a consideración de medio instrumental da Administración, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo quinta do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: os traballos encomendados comenzaron o 11 de xaneiro de 2016 e remataron o 25 de marzo de 2016.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016, aplicación orzamentaria 07.04.541B.640.1.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2017

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio