Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 22 de decembro de 2017 Páx. 58115

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 23 de novembro de 2017 polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de dominio público hidráulico (expedientes DH.D15.21299 e un máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas definidas no anexo as resolucións ditadas no expediente sancionador DH.D15.21299 e un máis, en materia de dominio público hidráulico.

En cumprimento do artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, os interesados poderán comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro das mencionadas resolucións e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderán interpor recurso de alzada, ante o presidente de Augas de Galicia, de conformidade co previsto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa comparecencia ou da publicación no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2017

Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia

ANEXO

Expediente

Interesados

Enderezo

Data da resolución

Sentido da resolución

DH.D15.21299

Construcciones Hermanos Conde, S.L.

Campos-Teo
15886 Teo

9.9.2017

Caducidade

DH.D15.24339

Construcciones Crespo, S.A.

Rúa do Gorgullón, 45

36003 Pontevedra

19.9.2017

Caducidade