De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións publicas, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles aos herdeiros de Juana López Cabana a Resolución do 8 de setembro de 2017 pola que se impón unha segunda multa coercitiva e se reitera o apercibimento para o cumprimento da obriga de repor.
En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, os interesados poderán comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa comparecencia ou da publicación no Boletín Oficial del Estado, ante o director de Augas de Galicia. No caso de non exerceren o seu dereito a presentar recurso de reposición, poderase interpor directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa comparecencia ou da publicación no Boletín Oficial del Estado.
O importe da multa coercitiva deberá ser aboado a través do seu ingreso na conta restrinxida de Augas de Galicia, de recadación de multas e sancións, empregando o modelo que se facilitará nas dependencias desta entidade pública empresarial, na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela.
Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2017
Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia