Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 22 de decembro de 2017 Páx. 58136

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de exposición pública da aprobación inicial do Plan parcial SUND-30 por resolución 4943/17 (expediente FG número 574).

Por Resolución desta Alcaldía número 4943, do 5 de decembro de 2017, acordouse aprobar inicialmente con condicións o Plan parcial sector SUND-30 A Ferrala, en Liáns (documento número 9582, do 9 de maio de 2017).

De conformidade co artigo 186 do Decreto 143/2016, regulamento da Lei do solo de Galicia, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 14.00 horas, polo prazo de dous meses, para os efectos de presentación das alegacións que se xulguen oportunas.

Oleiros, 13 de decembro de 2017

Ángel García Seoane
Alcalde presidente