Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 22 de decembro de 2017 Páx. 58108

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 1 de decembro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, de convocatoria de asemblea para a constitución da xunta xestora dos montes abertais de Mestre, situados na parroquia de San Xurxo de Piquín, no concello de Ribeira de Piquín.

De conformidade co disposto no artigo 45.3 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, convócanse os posibles copropietarios á asemblea para a constitución da xunta xestora dos montes abertais de Mestre, situados na parroquia de San Xurxo de Piquín, no concello de Ribeira de Piquín.

Día: 3 de febreiro de 2018.

Hora: 10.00 horas en primeira convocatoria (10.30 horas en segunda convocatoria).

Lugar: colexio vello do Chao de Pousadoiro.

Orde do día:

1. Aprobación de estatutos.

2. Constitución da xunta xestora denominada Montes Abertais de Mestre.

3. Elección de representantes.

4. Rolda de intervencións.

Lugo, 1 de decembro de 2017

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo