Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 22 de decembro de 2017 Páx. 58106

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 24 de novembro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución ditada nun expediente tramitado por esta entidade (expediente 2015/143/27).

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao abeiro dos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa interesada que figura no anexo a resolución ditada polo xefe territorial no expediente administrativo instruído conforme o disposto nos artigos 172.2 e 173 bis 2.c) do Código civil, despois dos intentos de notificación realizados sen que fose posible efectuar a notificación por causas non imputables á Administración ou por descoñecer o domicilio desta.

O expediente está á disposición da persoa interesada, ou dos seus representantes, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social; rolda da Muralla, 70, andar baixo, onde, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderá comparecer para efectos de ter coñecemento do contido íntegro da resolución, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertíndolle que, de non facelo, se terá por notificada.

A persoa interesada ou os seus representantes, debidamente acreditados, poderá interpoñer recurso contra a resolución ditada no expediente, que é definitiva en vía administrativa, ante o Xulgado de Primeira Instancia de Lugo que por quenda lle corresponda, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da data da súa notificación, sen necesidade de reclamación administrativa previa, de conformidade co artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Lugo, 24 de novembro de 2017

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: 2015/143/27.

Interesada: Nuria González Burgos.

Enderezo actual: rúa Melitón Cortiñas, 42, 27869 Viveiro, Lugo.

Asunto: Resolución do 18 de agosto de 2017.

Efectos: mantemento da medida administrativa e modificación do recurso.