Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 22 de decembro de 2017 Páx. 58120

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 11 de decembro de 2017 pola que se notifica resolución de expediente de caducidade de autorización de atracada número P3-05A nas instalacións para a náutica recreativa do porto de Burela.

Con data do 24 de novembro de 2017, o presidente de Portos de Galicia, ao abeiro do establecido no artigo 40.2.a) do Decreto 130/2013 (DOG núm.153, do 12 de agosto), polo que se regula a explotación dos portos deportivos e das zonas portuarias de uso náutico deportivo de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, resolveu declarar a caducidade da autorización temporal de atracada que se cita con anterioridade, da que é titular Vanesa Eiriz Fernández.

Intentada a notificación no enderezo que consta no expediente, e non sendo posible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015 (BOE núm. 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, se notifica mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada a súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

A resolución emítese pola concorrencia da causa de caducidade prevista no artigo 40.1.b) do Decreto 130/2013, por estar pendentes de aboamento as liquidacións da taxa portuaria X-5, embarcacións deportivas e de lecer, desde o segundo semestre do ano 2014 ao terceiro trimestre do ano 2016.

A caducidade determina a extinción da autorización, a prohibición de uso da praza de atracada, e a obriga de retirar de ser este o caso, e baixo a advertencia de execución subsidiaria, a embarcación da instalación.

A presente resolución esgota a vía administrativa, e contra esta, poderase interpor recurso contencioso-administrativo nun prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela que corresponda, ou recurso potestativo de reposición perante esta Presidencia de Portos de Galicia, no prazo dun mes contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2017

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia