Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Xoves, 21 de decembro de 2017 Páx. 57973

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de formalización do contrato do servizo de instalación, posta en funcionamento, mantemento e retirada da iluminación de Nadal 2017/18.

En cumprimento do disposto no artigo 154.1 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado mediante o Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise público para o coñecemento xeral a seguinte formalización de contrato de servizos:

1. Entidade adxudicadora.

A) Organismo: Concello de Ourense.

B) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

C) Número de expediente: 2017019861; ref. 2472.

D) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.gal.

2. Obxecto do contrato.

A) Tipo de contrato: de servizos.

B) Descrición do obxecto: servizo de instalación, posta en funcionamento, mantemento e retirada da iluminación de Nadal 2017/18.

C) CPV: 51100000-3, 50232000-0.

D) Medio de publicación do anuncio de licitación: perfil do contratante, BOP e DOG.

E) Data de publicación do anuncio de licitación: 31.8.2017, 2.9.2017 e 31.8.2017.

3. Trámite e procedemento de adxudicación.

A) Trámite: ordinario.

B) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 75.000,00 euros. IVE: 15.750,00 euros. Importe total: 90.750,00 euros.

5. Formalización do contrato.

A) Data de adxudicación: 20 de novembro de 2017.

B) Data de formalización: 20 de novembro de 2017.

C) Contratista: Creaciones Luminosas, S.L.

D) Importe de adxudicación:

Importe neto: 73.529,40 euros. IVE: 15.441,17 euros. Importe total: 88.970,57 euros.

E) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a oferta economicamente máis vantaxosa das admitidas, e cumprir esta con todos os criterios dos pregos de condicións; todo isto servirá como motivación.

Ourense, 20 de novembro de 2017

Jesús Vázquez Abad
Alcalde