Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Xoves, 21 de decembro de 2017 Páx. 57972

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de información pública da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal para a execución da sentenza sobre o PXOM 2013 de Treneo Inversiones, S.L. (expediente 631/2017/31).

O Pleno municipal, na sesión que tivo lugar o 6 de novembro de 2017, acordou aprobar inicialmente o documento denominado modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal. Execución da sentenza sobre o PXOM 2013. Treneo Inversiones, S.L. Outubro 2017, redactado polos técnicos municipais.

En cumprimento do artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e dos artigos 144.6 e 207 do seu regulamento (Decreto 143/2016), o expediente sométese a información pública polo prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que as persoas interesadas poidan consultalo e formular, de ser o caso, as alegacións que consideren oportunas.

A consulta da documentación da modificación puntual pódese realizar no Departamento de Planeamento da Área de Rexeneración Urbana, Dereito á Vivenda e Mobilidade Sostible (praza de Indalecio Prieto, 1-3), en horario laboral, de luns a venres, ou no enderezo electrónico www.coruna.es/urbanismo, na epígrafe «Exposición pública de expedientes».

A Coruña, 10 de novembro de 2017

O alcalde
P.D. (Decreto do 15.6.2015)
Xiao Varela Gómez
Tenente de alcalde da Área de Rexeneración Urbana
e Dereito á Vivenda