Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Xoves, 21 de decembro de 2017 Páx. 57872

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (1223/2015).

Eu, Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1223/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana Río Iglesias contra Discorreo, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse Resolución o 24 de novembro de 2017, contra a cal non cabe interpoñer recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo do disposto no artigo 191.3 da LRXS. Faise saber que no devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a Discorreo, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 28 de novembro de 2017

O letrado da Administración de xustiza