Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Xoves, 21 de decembro de 2017 Páx. 57961

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 30 de novembro de 2017 pola que se lle notifica á interesada que se indica a liquidación de préstamo con garantía hipotecaria pola non ocupación da vivenda de promoción pública e outras causas.

De conformidade co artigos 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal na vivenda de promoción pública que consta como último domicilio coñecido, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia na cal se lle dará coñecemento do contido íntegro do acto que se notifica.

A comparecencia deberase efectuar ante o órgano de tramitación, o Servizo de Réxime Xurídico e Inspección do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), situado en Área Central, s/n; polígono das Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela, nun prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no taboleiro de edictos (TEU) do BOE.

No caso de transcorrer o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2017

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Expediente: PO93501, conta 26.

Nome: María Belén de Gerónimo Vázquez, con DNI XXXXX885-B.

Indicación do contido do acto que se notifica:

Notificación (artigo 572 da Lei de axuizamento civil), a María Belén de Gerónimo Vázquez, da cantidade exixible resultante de liquidación de préstamo con garantía hipotecaria sobre a vivenda de promoción pública adquirida en 1998 ao IGVS por María Belén de Gerónimo Vázquez.

Trátase dun acto de mero trámite, polo que, de conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 39/2015, non se poderá interpoñer ningún recurso.