Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 20 de decembro de 2017 Páx. 57713

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da contratación dos servizos da xestión dos residuos procedentes das construcións e demolicións efectuadas polo taller do Servizo de Vías e Obras do Concello de Vigo.

1. Entidade que adxudica. Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Vías e Obras. Número de expediente: 79.712-250.

2. Obxecto do contrato: os servizos de recollida, transporte e entrega a xestor autorizado dos residuos procedentes de construcións e demolicións xerados polo taller do Servizo de Vías e Obras do Concello de Vigo.

Lugar de execución: no termo municipal de Vigo.

Prazo de execución: 2 anos. Prórroga: unha prórroga dun ano de duración.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 181.818,18 euros. IVE que debe soportar a Administración: 18.181,82 euros. Orzamento total: 200.000,00 euros.

5. Garantías exixidas. a) Provisional: non se exixe. b) Definitiva: si (5 % do prezo de adxudicación do contrato, excluído o IVE). c) Complementaria: non.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante). Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata 7 días antes do día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: a) Documentos acreditativos da solvencia económica e financeira: declaración do volume anual de negocio. Consideraranse con solvencia económica e financeira os licitadores que no conxunto dos últimos tres anos teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior ao prezo do contrato ou posuír a seguinte clasificación: grupo R, subgrupo 5, categoría A. b) Documentos acreditativos da solvencia técnica e profesional: unha relación dos principais servizos ou traballos, de igual ou similar natureza que os que constitúan o obxecto do contrato, realizados nos últimos cinco anos (entenderase que este prazo remata o último día para a presentación de ofertas), que inclúa importe, datas e o destinatario, público ou privado. Considerarase acreditada a solvencia se nalgún dos últimos cinco anos acredita servizos ou traballos por importe igual ou superior a unha anualidade media do prezo do contrato. Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público; cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, na falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario, ou posuír a seguinte clasificación: grupo R, subgrupo 5, categoría A.

8. Presentación de ofertas. Prazo: o prazo rematará o 17 de xaneiro de 2018.

Documentación: a exixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de condicións administrativas e no punto 7 das FEC.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, nº 1, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Admisión de melloras: non.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica e económica. Entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 4 de decembro de 2017

O alcalde
P.D. (Decreto e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación