1. Entidade que adxudica. Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Administración Electrónica. Número de expediente: 8.280-113.
2. Obxecto do contrato: o mantemento e desenvolvemento evolutivo dos diversos sistemas de información, enumerados na cláusula 2 do prego de prescricións técnicas, relacionados coas funcións propias desta Administración, cuxo código fonte é propiedade do Concello de Vigo.
Lugar de execución: Vigo.
Prazo de execución: os exercicios económicos 2018 e 2019, debendo rematar o contrato o día 31 de decembro de 2019.
3. Tramitación e procedemento.
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
4. Orzamento base: 165.289,26 euros. IVE que debe soportar a Administración: 34.710,74 euros. Orzamento total: 200.000,00 euros.
5. Garantías exixidas. a) Provisional: non se exixe. b) Definitiva: si (5 % do prezo de adxudicación do contrato, excluído o IVE). c) Complementaria: non se exixe.
6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante). Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06.
Data límite para solicitar documentación: ata 7 días antes do día de finalización do prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista: a) Documentos acreditativos da solvencia económica e financiera: declaración do volume anual de negocio. Consideraranse con solvencia económica e financeira os licitadores que no conxunto dos últimos tres anos teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior ao prezo do contrato. b) Documentos acreditativos da solvencia técnica e profesional: unha relación dos principais servizos ou traballos, de igual ou similar natureza que os que constitúan o obxecto do contrato, realizados nos últimos cinco anos (entenderase que este prazo remata o último día para a presentación de ofertas), que inclúa importe, datas e o destinatario, público ou privado. Considerarase acreditada a solvencia se nalgún dos últimos cinco anos acredita servizos ou traballos por importe igual ou superior a unha anualidade media do prezo do contrato, excepto no caso de que a duración do contrato sexa inferior a un ano, suposto en que se terá en conta o prezo do contrato. Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público; cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, na falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario.
8. Presentación de ofertas. Prazo: o prazo rematará aos 15 días seguintes ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.
Documentación: a exixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de condicións administrativas e no punto 7 das FEC.
Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, nº 1, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.
Admisión de melloras: non.
Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.
9. Apertura das ofertas técnica e económica. Entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.
Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.
10. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org
Vigo, 11 de decembro de 2017
O alcalde
P.D. (Decreto e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación