Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 20 de decembro de 2017 Páx. 57647

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (205/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 205/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Olivo Durán contra Jesús Fernando Bruni Zerpa, Fogasa, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é do tenor literal seguinte:

«Decreto

Letrada da Administración de xustiza María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2017

Parte dispositiva

Acordo:

a) Declarar o executado Jesús Fernando Bruni Zerpa en situación de insolvencia parcial por importe de 5.674,4 euros en concepto de principal (5.140,07 euros en concepto de salarios, vacacións non gozadas e horas extras, 534,33 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior), e 567,82 euros en concepto de xuros e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reaperturar a execución, se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez asine a presente resolución, procédase a súa inscrición no rexistro correspondente.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpoñer ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS.

A letrada da Administración de xustiza»

E para que sirva de notificación en legal forma a Jesús Fernando Bruni Zerpa en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza