Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 20 de decembro de 2017 Páx. 57620

III. Outras disposicións

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2017 pola que se modifica a oferta de emprego público (OEP) do persoal docente e investigador para o ano 2017.

Mediante a Resolución do 7 de xuño de 2017 (DOG do 16 de xuño), publicouse a oferta de emprego público (OEP) do persoal docente e investigador da Universidade da Coruña para o ano 2017.

Con data do 21 de novembro de 2017, esta universidade solicitou á Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos da Consellería de Facenda autorización para realizar unha oferta de emprego complementaria de dúas prazas de profesor contratado doutor e tres prazas de profesor titular de universidade, así como a convocatoria de tres prazas de catedrático de universidade polo sistema de promoción interna, oferta xustificada pola existencia de cinco prazas adicionais vacantes por excedencia sen reserva de posto dos seus titulares.

Mediante a Resolución da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos, do 5 de decembro de 2017, autorízaselle a esta universidade a oferta complementaria solicitada. A oferta de emprego público do persoal docente e investigador da Universidade da Coruña para o ano 2017 incrementarase nos seguintes termos:

1. Sistema de acceso libre.

1.1. Persoal docente e investigador dos corpos docentes universitarios.

Número de prazas

Corpo

3

Profesor/a titular de universidade

Resérvase unha praza para dar cumprimento á obrigación de convocar o 15 % da taxa de reposición para a incorporación, na categoría para a cal estean acreditados, de persoal investigador doutor que finalizase o Programa Ramón e Cajal e obtivese o certificado I3.

1.2. Persoal docente e investigador contratado.

Número de prazas

Categoría

2

Profesor/a contratado/a doutor/a

2. Sistema de acceso promoción interna.

En aplicación do disposto na disposición derradeira segunda do Real decreto lei 10/2015, do 11 de setembro, que modifica o artigo 62.2 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, inclúense na OEP para o ano 2017 as seguintes prazas polo procedemento de promoción interna:

Número de prazas

Corpo

3

Catedrático/a de universidade

A OEP das mencionadas prazas non afecta o cumprimento dos obxectivos de estabilidade orzamentaria establecidos para a Universidade da Coruña nin os demais límites fixados na Lei orgánica 2/2012, do 27 de abril, de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira.

A Coruña, 12 de decembro de 2017

Xullo E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña