Na sesión que tivo lugar o 4 de decembro de 2017, o tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados/as,
ACORDOU:
Primeiro. Proceder, de conformidade co previsto na base IV.2 da convocatoria, á publicación da relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde das puntuacións acadadas e con indicación do seu documento nacional de identidade. A relación recóllese no anexo desta resolución.
A partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de aprobados, estes disporán dun prazo de vinte (20) días naturais para a presentación da documentación prevista na base IV.2 da convocatoria.
Segundo. Elevar a dita relación á persoa titular da Dirección Xeral da Función Pública para que elabore a proposta de nomeamento.
Terceiro. De conformidade co disposto na base III.13 da orde da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2017
Fernando Jorge Mora
Presidente do tribunal
ANEXO
Relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, convocado pola Orde do 12 de abril de 2016 (DOG núm. 85, do 4 de maio)
DNI |
Apelidos e nome |
Primeiro exercicio |
Segundo exercicio |
Terceiro exercicio |
Cuarto exercicio |
Quinto exercicio |
Sexto exercicio |
Puntuación total |
33552836E |
Benedito Cadórniga, José Luis |
27,33 |
- |
Exento |
25,41 |
17,51 |
17,51 |
87,76 |
47389325X |
De la Fuente López, Marta |
24,5 |
- |
Exenta |
17,52 |
17,51 |
19,08 |
78,61 |