Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 20 de decembro de 2017 Páx. 57691

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 5 de decembro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se fai pública a notificación do expediente de suspensión condicional PSC-FE-0080/2016-PPM.

Intentada sen éxito a notificación persoal de conformidade co disposto no artigo 42 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle á persoa que a seguir se relaciona no anexo a resolución relativa ao procedemento de solicitude de suspensión condicional que solicitou no seu día.

Así mesmo, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditado á súa publicación no BOE.

O prazo para presentar alegacións será de 15 días, que empezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE. O expediente relacionado a seguir está á disposición do interesado na Consellería do Mar (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, teléfono: 981 54 40 38).

Santiago de Compostela, 5 decembro de 2017

María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar

ANEXO

Nº de expediente

Interesado

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-FE-0080/2016-PPM

Jordi Cabaleiro García

32711167S

Audiencia previa a revogación

Avda. 19 de Febreiro, 2, baixo esq., 15403 Ferrol (A Coruña)