Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 20 de decembro de 2017 Páx. 57688

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato de subministración de catorce (14) vehículos destinados á Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia; dous lotes (expediente 9/2017).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería do Mar.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de catorce (14) vehículos destinados á Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia; dous lotes.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=183325

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 148, do 4 de agosto de 2017.

e) División por lotes e número: si; dous.

Lote 1: catro (4) vehículos tipo todo terreo/todo camiño (SUV).

Lote 2: dez (10) vehículos tipo turismo.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria; aberto non suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 157.870,00 €. IVE (21 %): 33.152,70 €. Importe total: 191.022,70 €.

Valor estimado: 157.870,00 €.

5. Adxudicación e formalización do contrato.

Lote 1:

a) Data de adxudicación: 30 de outubro de 2017.

b) Adxudicataria: Ibericar Gestoso, S.L.

c) Importe de adxudicación:

Importe neto: 60.088,60 €. IVE (21 %): 12.618,61 €. Importe total 72.707,21 €.

d) Data de formalización do contrato: 17 de novembro de 2017.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: foi a única oferta presentada á licitación e cumpriu todas as exixencias recollidas nos pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas.

Lote 2:

a) Data de adxudicación: 30 de outubro de 2017.

b) Adxudicataria: M. Caeiro, S.A.

c) Importe de adxudicación:

Importe neto: 95.459,20 €. IVE (21 %): 20.046,43 €. Importe total: 115.505,63 €.

d) Data de formalización do contrato: 13 de novembro de 2017.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: foi a oferta economicamente máis vantaxosa conforme os criterios de valoración fixados (só criterios avaliables mediante fórmulas matemáticas).

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2017

María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar