Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 20 de decembro de 2017 Páx. 57580

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 16 de outubro de 2017 pola que se establecen os modelos a que se deberán adaptar as memorias que editen a Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e as entidades integrantes do sector público autonómico.

O 26 de outubro de 2017 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 16 de outubro de 2017 pola que se establecen os modelos a que se deberán adaptar as memorias que editen a Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e as entidades integrantes do sector público autonómico.

O dito precepto legal leva dous anexos, o anexo I, coas especificacións de preparación e edición, e o anexo II cos modelos.

Unha vez publicada, observáronse nas especificacións de preparación e edición (anexo I) erros que afectan, pola súa vez, os modelos do anexo II e que cómpre corrixir para a correcta edición das memorias.

Visto o anterior,

DISPOÑO:

Artigo único. Modificación do anexo I e do anexo II

Modifícanse as especificacións técnicas que figuran no anexo I e os modelos que figuran como anexo II.

O contido restante da orde permanece sen variacións.

ANEXO I
Especificacións de preparación e edición

FORMATO DA EDICIÓN/CARACTERÍSTICAS DA EDICIÓN

Tamaño 30×21 cm.

Papel interior estucado mate 130 g.

Papel cubertas 300 g.

Encadernación en rústica con portadas plastificadas en mate.

CORES

Grafismo «m»: Pantone Process Cian

TIPOGRAFÍA

Helvética Neue 45 Light

abcdefghijklmnñopqrstuvwxyz

ABCDEFGHIJKLMNÑOPQRSTUVWXYZ

1234567890€&()*?¿!¡@

Helvética Neue 55 Roman

abcdefghijklmnñopqrstuvwxyz

ABCDEFGHIJKLMNÑOPQRSTUVWXYZ

1234567890€&()*?¿!¡@

Helvética Neue 75 Bold

abcdefghijklmnñopqrstuvwxyz

ABCDEFGHIJKLMNÑOPQRSTUVWXYZ

1234567890€&()*?¿!¡@

Helvética Neue 75 Black

abcdefghijklmnñopqrstuvwxyz

ABCDEFGHIJKLMNÑOPQRSTUVWXYZ

1234567890&()*?¿!¡@

CUBERTA

Tamaño: 30×21 cm.

Tapa anterior ou anverso da cuberta.

– Imaxe: situarase na marxe superior. Medidas 15×21 cm.

– Título (unidade editora): tipografía: Helvética Neue 75 Bold cp. 24 Helvética Neue 45 Light cp. 15.

Situarase a 17 cm da marxe superior aliñado coa base do grafismo «m», a 2 cm do lombo e aliñarase á esquerda.

– Grafismo «m» de memoria na parte central:

Cor Pantone Process Cian.

Situado a 17 cm da marxe superior.

Tamaño de 3×2 cm.

– Grafismo «m» de memoria na parte inferior:

Cor Pantone Process Cian.

Situado a 1,5 cm da marxe inferior.

Tamaño de 0,8×0,5 cm.

– Logotipo Xunta de Galicia: centrado a 1,5 cm da marxe inferior, cun ancho de 5 cm e en Pantone negro.

Tapa posterior ou reverso da cuberta.

– Grafismo «m» de memoria na parte central:

Cor Pantone Process Cian.

Situado a 17 cm da marxe superior.

Tamaño de 3×2 cm.

– Marca gráfica da Xunta de Galicia, centrada e situada a 1,5 cm da marxe inferior, cun ancho de 4,5 cm.

LOMBO

Título (unidade editora) centrado e coa súa lectura en sentido descendente, o símbolo corporativo da Xunta de Galicia situarase a 1,5 cm da marxe inferior, cunha medida de 8 mm de altura. O tamaño mínimo permitido é de 7mm de altura e en lombos de menos de 5 mm non se colocará o símbolo.

PORTADA

Tamaño: 30×21 cm.

O rectángulo terá un tamaño de 15×21 cm e de cor Pantone Process Cian.

– Título (unidade editora):

• Tipografía: Helvética Neue 75 Bold cp. 24 Helvética Neue 45 Light cp. 15.

• Cor branca.

• Situarase a 1,5 cm da marxe superior e 6 cm do lombo, aliñarase á esquerda.

– Grafismo «m» de memoria na parte superior dereita a 1,5 cm da marxe superior, de tamaño 0,8×0,5 cm e cor branca.

– Logotipo da Xunta de Galicia centrado a 2,5 cm da marxe inferior, cun ancho de 5 cm e en Pantone negro.

PÁXINA DE CRÉDITOS/IDENTIFICACIÓNS

Na parte inferior da páxina, en texto, deberá ir a seguinte información:

Edita:

Lugar:

Ano:

D.L.

• Tipografía: Helvética Neue 45 Light cp. 11.

Queda a criterio da unidade editora incorporar outro tipo de información como copyrights, licenzas Creative Comons...

Nota.

Para a edición das memorias terase en conta o disposto no Manual de identidade visual corporativa institucional da Xunta de Galicia, aprobado pola Orde do 18 de febrero de 2010 (DOG do 19 de febreiro), o Decreto 121/2011, do 16 de xuño, polo que se aproba a marca turística de Galicia e se regula a súa utilización, e o Manual de estilo do Diario Oficial de Galicia e outras publicacións institucionais, aprobado pola Resolución do 4 de xullo de 2012.

ANEXO II
Modelos

Representado nestas páxinas ao 50 % do seu tamaño real.

missing image file

missing image file