Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 20 de decembro de 2017 Páx. 57708

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 16 de novembro de 2017, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se lles notifica ás persoas relacionadas a facturación ao seu nome de servizos sanitarios prestados neste centro no caso de non achegaren os datos necesarios para facturar ao terceiro obrigado ao pagamento.

Mediante esta cédula, e debido a que os abaixo relacionados non se atoparon nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro, ou que se alegaron distintas causas para non recibir as notificacións as persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícaselles ás persoas incluídas na relación que se insire que:

Segundo o recollido no anexo IX do Real decreto 1030/2006, do 15 de setembro, polo que se establece a carteira de servizos do Sistema nacional de saúde e o procedemento para a súa actualización, así como no artigo 83 da Lei xeral de sanidade, e na disposición adicional 22 do texto refundido da Lei xeral da seguridade social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, de non achegaren no prazo de dez (10) días os datos e a documentación necesarios para poder facturar ao terceiro obrigado ao pagamento a asistencia sanitaria que lles foi prestada neste centro sanitario, os gastos asistenciais serán pola súa conta, tal e como se recolle no artigo 1 do Decreto 56/2014, do 30 de abril (DOG núm. 96, do 21 de maio), polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde, polo que se emitirá factura de gastos sanitarios ao seu nome.

Para todo tipo de consulta ou aclaración sobre a documentación que deben achegar deberán poñerse en contacto co Servizo de Facturación deste centro sanitario nos teléfonos 986 88 51 25/986 56 80 36.

Para que conste, sirva de notificación aos interesados, e en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido, asino e selo esta cédula. A eficacia desta notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Pontevedra, 16 de novembro de 2017

José Ramón Gómez Fernández
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés

ANEXO

Nome do paciente

DNI/NIF

Eftimie --- Laura

Y03111575B

Cepeda Albarracín Carlos Arturo

Y00833748N

Eftimie Nicolae

X07988955C

Mohri Cacheda Rachid

X07207958B

Memet --- Manuela

Felix dos Anjos Antonio

077421783B

Mustafa --- Mirela

X05705774A

De Shea Alexander Brooke

Y04951432Y

Burone de León Guzmán María

Y04849796F

Jiménez Montoya José Ramón

035483852G

Rodrigues da Silva Maria Alice

X06030311X