Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 20 de decembro de 2017 Páx. 57710

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 16 de novembro de 2017, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés (Hospital do Salnés), pola que se lles notifican ás persoas relacionadas os prazos de ingreso en período voluntario e en período executivo, polos servizos sanitarios prestados neste centro.

Por esta cédula, e debido a que os debedores comprendidos na relación que a continuación se insire non puideron ser atopados nos enderezos que figuran nos rexistros deste centro, ou que se alegaron distintos motivos para non recibir as notificacións as persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícase que:

Deberán ingresar o importe da débeda na conta bancaria
ES42 0081-5363-20-0001083113 do Banco de Sabadell nos prazos que se sinalan no artigo 62 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

Transcorrido o prazo indicado no citado artigo sen que se producise o cobramento, iniciarase o período executivo.

Contra esta liquidación poderase interpoñer no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao desta notificación, recurso potestativo de reposición ante o órgano emisor ou, no mesmo prazo, reclamación económico-administrativa ante a Xunta Superior de Facenda (Xunta de Galicia).

Para que conste, sirva de notificación aos interesados, e en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido, asino e selo esta cédula. A eficacia desta notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Vilagarcía de Arousa, 16 de novembro de 2017

Xosé Ramón Gómez Fernández
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés

ANEXO

Suxeito pasivo

DNI/NIF

Concepto

Período

Débeda (€)

Hapau ____, Mihaela

X04614473Y

Fra. 201730346

28.3.2017

1.446,36

Seoane Pérez, Jesús

035483044R

Fra. 201730628

19.6.2017

361,59

Grande Méndez, Diego

044479801D

Fra. 201730795

27.7.2017

482,64

Marxuach ____, Luis Miguel

Y04833511Y

Fra. 201730797

27.7.2017

361,59