Mediante a Resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 13 de novembro de 2017 (DOG núm. 217, do 15 de novembro) fixéronse públicas as listas provisionais para o desempeño transitorio de prazas reservadas ao persoal funcionario e a contratación temporal do persoal laboral da Administración da Xunta de Galicia elaboradas en cumprimento do artigo 6.2 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo (DOG núm. 48, do 9 de marzo).
Con data do 29 de novembro de 2017 rematou o prazo establecido no punto terceiro da devandita resolución para presentar reclamacións.
Unha vez examinadas e resoltas as reclamacións, a Comisión Permanente constituída ao abeiro do artigo 4 do Decreto 37/2006, modificado polo Decreto 124/2016, acordou elevar ao órgano convocante as listaxes definitivas de admitidos e excluídos para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
De conformidade co establecido no artigo 11 do decreto regulador, esta dirección xeral
RESOLVE:
Primeiro. Facer públicas as listas definitivas para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario dos corpos, escalas e especialidades que se relacionan no anexo I desta resolución, así como para o desempeño transitorio de postos reservados a persoal laboral dos grupos e categorías que se relacionan no anexo II.
Segundo. As listas poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal, epígrafe de «Listas de contratación»; no Servizo de Atención e Información á Cidadanía a través do teléfono 012; no Servizo de Información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.
As devanditas listas incluirán a seguinte información:
– Solicitantes admitidos/as na lista con indicación da puntuación resultante da aplicación do baremo establecido no artigo 9 do Decreto 37/2006.
– Solicitantes excluídos/as con expresión da causa de exclusión.
Terceiro. As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Cuarto. As persoas solicitantes excluídas disporán do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para solicitar a devolución das taxas por dereitos de inscrición, para o cal deberán consignar o nome e apelidos, NIF, número da conta bancaria (vinte díxitos) e localidade desta, e copia cotexada do modelo de autoliquidación da taxa.
Quinto. Contra esta resolución e de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2017
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública
ANEXO I
Corpos e escalas (persoal funcionario)
Grupo |
Corpo/escala |
Denominacion |
A1 |
2060 |
Corpo superior de administración da Comunidade Autónoma de Galicia |
A1 |
2061 |
Escala de arquitectos/as |
A1 |
2062 |
Escala de enxeñeiros/as. Especialidade de enxeñaría de camiños, canles e portos |
A1 |
2063 |
Escala de enxeñeiros/as. Especialidade de enxeñaría agronómica |
A1 |
2064 |
Escala de enxeñeiros/as. Especialidade de enxeñaría industrial |
A1 |
2065 |
Escala de enxeñeiros/as. Especialidade de enxeñaría de minas |
A1 |
2067 |
Escala de veterinarios |
A1 |
2068 |
Escala de ciencias. Especialidade de bioloxía |
A1 |
2069 |
Escala de ciencias. Especialidade de química |
A1 |
2072 |
Escala de arqueólogos/as |
A1 |
206K |
Escala de facultativos/as de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de arquivos |
A1 |
206L |
Escala de facultativos/as de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de bibliotecas |
A1 |
206M |
Escala de facultativos/as de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de museos |
A1 |
2080 |
Escala de enxeñeiros/as. Especialidade de enxeñaría de telecomunicacións |
A1 |
2086 |
Escala superior de finanzas |
A1 |
2093-02 |
Escala de profesores numerarios. Especialidade en procesos de cultivo acuícola |
A1 |
2093-03 |
Escala de profesores numerarios. Especialidade en navegación marítima |
A1 |
2093-04 |
Escala de profesores numerarios. Especialidade en pesca marítima |
A1 |
2093-08 |
Escala de profesores numerarios. Especialidade en comunicacións |
A1 |
2093-10 |
Escala de profesores numerarios. Especialidade en procesos sanitarios |
A1 |
2093-11 |
Escala de profesores numerarios. Especialidade en formación e orientación laboral |
A2 |
2051 |
Corpo de xestión de administración da Comunidade Autónoma de Galicia |
A2 |
2052 |
Escala de enxeñeiros/as técnicos/as. Especialidade de enxeñaría técnica forestal |
A2 |
205F |
Escala técnica de finanzas |
A2 |
205H |
Escala de xestión de sistemas de informática |
A2 |
206I |
Escala de inspección turística |
A2 |
206N |
Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de arquivos |
A2 |
206P |
Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de bibliotecas |
A2 |
206X |
Escala de inspectoras e inspectores de consumo |
A2 |
2073 |
Escala de arquitectos/as técnicos/as |
A2 |
2074 |
Escala de enxeñeiros/as técnicos/as. Especialidade de enxeñaría técnica de obras públicas |
A2 |
2075 |
Escala de enxeñeiros/as técnicos/as. Especialidade de enxeñaría industrial |
A2 |
2076 |
Escala de enxeñeiros/as técnicos/as. Especialidade de topografía |
A2 |
2077 |
Escala de enxeñeiros/as técnicos/as. Especialidade de enxeñaría técnica agrícola |
A2 |
2085 |
Escala técnica de estatísticos/as |
C1 |
2053 |
Corpo administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia |
C1 |
205I |
Escala técnica auxiliar de informática |
C1 |
207C |
Escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia |
C1 |
207H |
Escala de axentes facultativos ambientais a extinguir |
C1 |
2081 |
Escala de delineantes a extinguir |
C2 |
2059 |
Corpo auxiliar da Comunidade Autónoma de Galicia |
2055 |
Agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Comunidade Autónoma de Galicia |
ANEXO II
Grupos e categorías (persoal laboral)
Grupo |
Categoría |
Denominación |
I |
002 |
Titulado/a superior médico/a, médico/a xeriatra, médico/a CEI, médico/a adxunto/a, médico/a |
I |
004 |
Titulado/a superior |
I |
006 |
Titulado/a superior psicólogo/a |
I |
011 |
Titulado/a superior pedagogo/a |
I |
014 |
Titulado/a superior sociólogo/a |
I |
018 |
Licenciado/a informático/a (antigo/a técnico/a de sistemas e analista titulado/a superior) |
I |
019 |
Titulado/a superior especialista. Titulado/a superior farmacéutico/a |
I |
023 |
Documentalista |
I |
029 |
Xefe/a departamento persoal e xestión económico-administrativa do IGAEM |
I |
030 |
Relacións públicas do IGAEM |
I |
031 |
Titulado/a superior de formación ocupacional |
I |
032 |
Técnico/a superior en centros de arte |
II |
001 |
Director/a-administrador/a. Director/a de centro social. Director/a casa da xuventude. Subdirector/a residencia xuvenil. Preceptor/a residencia. Director/a centro. Xefe/a do servizo administrativo do IGAEM. Secretario/a de residencia. Director/a de cociña de irmandade. Director/a de clínica deportiva |
II |
002 |
ATS, enfermeiro/a, practicante, DUE |
II |
005 |
Profesor/a. Profesor/a titular. Profesor/a EXB. Mestre/a. Profesor/a de educación física. Profesor/a de matemáticas |
II |
006 |
Educador/a, profesor/a especial |
II |
007 |
Titulado/a grao medio |
II |
008 |
Director/a de gardaría infantil |
II |
011 |
Fisioterapeuta |
II |
017 |
Asistente social |
II |
020 |
Terapeuta ocupacional |
II |
021 |
Monitor/a ocupacional |
II |
027 |
Técnico/a superior diplomado/a en informática (antigo analista de aplicacións (titulado/a medio) e antigo analista programador/a (titulado/a medio) |
II |
031 |
Restaurador/a |
II |
037 |
Titulado/a medio/a formación ocupacional |
II |
038 |
Perito-xudicial diplomado/a |
II |
040 |
Mestre/a especialista en educación infantil |
III |
002 |
Encargado/a administrativo/a. Xefe/a de negociado. Xefe/a administración. Xefe/a 2ª administración. Administrador/a. Secretario/a-administrador/a residencia xuvenil. Administrador/a de produción de centros. Secretario/a de dirección do IGAEM. Axudante/a de dirección e difusión da música. Axudante/a de dirección e difusión do CDG |
III |
004 |
Gobernante/a, gobernante/a servizos domésticos, encargado/a lavadoiro, roupeiro, ferro de pasar |
III |
005 |
Intendente. Encargado/a de establecemento. Encargado/a de almacén |
III |
006 |
Xefe/a de servizos técnicos. Encargado/a de mantemento. Conservador/a de edificios. Encargado/a oficios varios mantemento. Xefe/a de taller. Encargado/a de traballos. Especialista de oficios |
III |
012 |
Mestre/a de taller |
III |
014 |
Xefe/a de cociña |
III |
017 |
Analista de laboratorio |
III |
023 |
Celador/a de estradas. Capataz de brigada |
III |
040 |
Axudante/a de produción |
III |
050 |
Técnico/a especialista xardín de infancia |
III |
052 |
Tradutor/a. Intérprete da Administración de xustiza |
III |
063 |
Oficial 1ª condutor/a, condutor/a 1ª, condutores/as altos cargos, condutor/a mecánico/a |
III |
064 |
Oficial 1ª tractorista. Tractorista. Operador/a maquinaria pesada |
III |
065 |
Oficial 1ª cociña, oficial 1ª cociñeiro, xefe/a cociña, cociñeiro/a 1ª |
III |
067 |
Capataz de obras. Capataz cuadrilla. Xefe/a equipo. Oficial 1ª obra COTOP. Capataz |
III |
068 |
Oficial 1ª agrario, capataz agrario |
III |
069 |
Oficial servizos técnicos, oficial 1ª mantemento, oficial 1ª oficios varios, oficial de primeira |
III |
078 |
Subgobernante/a |
III |
088 |
Capataz de explotacións marisqueiras |
III |
090 |
Animador/a sociocultural |
III |
091 |
Técnico/a especialista en informática (antigo/a operador/a de ordenadores) |
III |
103 |
Entrevistador/a-enquisador/a |
III |
104 |
Intérprete de linguaxe de signos |
IV |
001 |
Auxiliar gravación. Oficial 2ª linotipista. Auxiliar administrativo/a. Oficial 2ª administrativo/a. Técnico/a auxiliar en informática. Operador/a máquina elemental. Auxiliar |
IV |
002 |
Auxiliar mecánico/a. Oficial 2ª mecánico/a. Mecánico/a reparación obras |
IV |
003 |
Auxiliar sanitario, auxiliar clínica, auxiliar psiquiátrico/a, auxiliar de enfermaría, coidador/a xeriátrico, coidador/a |
IV |
004 |
Auxiliar fogar, coidador/a auxiliar, auxiliar coidador/a, auxiliar de internado |
IV |
005 |
Oficial 2ª cociña, cociñeiro/a oficial 2ª |
IV |
006 |
Axudante/a servizos técnicos. Oficial 2ª mantemento |
IV |
009 |
Oficial 2ª agrario/a |
IV |
011 |
Auxiliar de laboratorio |
IV |
016 |
Condutor/a |
IV |
017 |
Almaceneiro/a, despenseiro/a |
IV |
020 |
Conserxe (cando teña ao seu cargo persoal subalterno ou ordenanza) |
IV |
030 |
Auxiliar formación ocupacional |
IV |
031 |
Legoeiro/a |
IV |
035 |
Auxiliar de arquivos e bibliotecas |
IV |
036 |
Auxiliar de museos |
V |
001 |
Camareiro/a-limpador/a, axudante cociña, pasador/a de ferro-lavandeiro/a, costureiro/a, cortador/a, pasador/a de ferro, lavandeiro/a |
V |
002 |
Axudante de traballos ou oficios, axudante albanel, peón/oa especializado/a, fontaneiro/a, axudante, hortelá/n, axudante traballos, encargado/a xardín |
V |
003 |
Ordenanza, celador/a, vixilante de oficinas, vixilante nocturno/a, vixilante, subalterno/a, porteiro/a, recepcionista, telefonista, sereno, garda, garda xuramentado |
V |
008 |
Peón/oa agrario/a |
V |
009 |
Celador/a de segunda. Vixilante de recursos naturais |
V |
10D |
Socorrista |
V |
10E |
Vixilante de arquivos, bibliotecas e museos |
V |
10F |
Peón/oa forestal |
V |
011 |
Limpador/a, fregador/a, empregado/a comedor, empregado/a cociña-pinche, servizo doméstico. Mozo/a de limpeza, pinche de cociña, persoal de servizos xerais |
V |
012 |
Peón/oa, laborante, varredor/a, mozo/a servizos, mozo/a laboratorio, mozo/a, pastor/a, xardineiro/a, mozo/a transportes, peón/oa xardineiro/a, EFU, mozo/a mantemento, mozo/a subalterno |
Grupos e categorías do persoal laboral dos servizos de prevención
e defensa contra incendios forestais
Grupo |
Categoría |
Denominación |
I |
038 |
Técnico superior de defensa contra incendios forestais |
II |
039 |
Técnico forestal de defensa contra incendios forestais |
III |
100 |
Bombeiro/a forestal xefe/a de brigada |
IV |
032 |
Operador/a codificador/a de defensa contra incendios forestais |
IV |
033 |
Bombeiro/a forestal condutor de motobomba |
V |
10A |
Vixilante móbil de defensa contra incendios forestais |
V |
10B |
Vixilante fixo de defensa contra incendios forestais |
V |
10C |
Emisorista de defensa contra incendios forestais |
V |
014 |
Bombeiro/a forestal |
V |
14A |
Bombeiro/a forestal condutor/a |